INFORMACIÓN DE INTERESE DOG
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
Resolución do 5 de outubro de 2009 pola
que se aproban as axudas concedidas ao
abeiro da Orde do 1 de abril de 2009, pola
que se establecen as bases reguladoras
para a concesión de subvencións, en réxime
de concorrencia competitiva, a asociacións
e institucións culturais para a realización
de actividades de promoción da lectura e a
creación de clubs de lectura.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 14 de outubro de 2009 pola que
se amplía a dotación orzamentaria da
Orde do 6 de agosto de 2009 pola que se
regulan e se convocan as subvencións de
apoio á viabilidade das explotacións leiteiras
galegas.
CONSELLERÍA DO MAR
Orde do 9 de outubro de 2009 pola que se
establecen as bases reguladoras e a convocatoria
para a concesión de axudas aos
armadores ou propietarios de buques con
porto base en Galicia que pescan na costeira
do bocarte pola paralización da súa
actividade.
Orde do 14 de outubro de 2009 pola que
se establecen as bases reguladoras e a convocatoria
para 2009 das axudas á paralización
definitiva das actividades de pesca
dos buques pesqueiros de acordo co Regulamento
(CE) 744/2008, do 24 de xullo,
polo que se establece unha acción específica
temporal para promover a reestruturación
das frotas pesqueiras da Comunidade
Europea afectadas pola crise económica,
cofinanciadas polo FEP.

Chúzao
del.icio.us

