Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

SELECCIÓN DE PERSOAL LISTAXES DE AGARDA CONSORCIO

Selección de persoal

Resolución da Xerencia do Consorcio pola que se abre, con carácter urxente, o prazo de presentación de solicitudes para a ampliación das listaxes de agarda para a cobertura temporal de postos de traballo deste consorcio

O Comité Directivo do Consorcio aprobou, na sesión ordinaria de 3 de marzo de 2008 (DOG nº 57, 25 de marzo de 2008), as Bases Xerais do procedemento de elaboración das listaxes de agarda para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do Consorcio.

Segundo o previsto no artigo 10.3 das anteditas bases, a xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dita a resolución de 6 de outubro de 2009 pola que se abre, con carácter extraordinario e urxente, un prazo para a presentación de solicitudes para a ampliación das listaxes de agarda para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do Consorcio nas seguintes categorías e ámbitos territoriais:

Educadores/as infantís da provincia da Coruña.
Educadores/as infantís da provincia de Lugo.
Educadores/as infantís da provincia de Ourense.
Educadores/as infantís da provincia de Pontevedra.
Xerocultores/as da provincia da Coruña.
Xerocultores/as da provincia de Lugo.
Xerocultores/as da provincia de Ourense.
Xerocultores/as da provincia de Pontevedra.
Enfermeiros/as da provincia de Ourense.
Terapeutas ocupacionais da provincia de Ourense.
Terapeutas ocupacionais da provincia de Lugo.

As persoas seleccionadas nesta convocatoria incorporaranse ás listaxes de orixe confeccionadas ao abeiro da resolución da presidencia do Consorcio de 13 de marzo de 2008, na categoría e ámbito territorial que corresponda en cada caso, a continuación do último/a compoñente da mesma.

O prazo de presentación das instancias é de 10 días naturais desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.

Data de publicación: 15/10/2009

Poderán solicitar máis información sobre a presente convocatoria no teléfono 981 938 497 en horario de 9 a 14 e de 16 a 19 de luns a xoves e de 8 a 15 os venres.

Chúzao | del.icio.us