NOVAS DE INTERESE NO DOG
CONSELLERÍA DE MEDIO
AMBIENTE, TERRITORIO
E INFRAESTRUTURAS
Orde do 28 de setembro de 2009 pola que
se amplía o prazo dos artigos 3.1º e 13.1º
da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola
que se convoca e se regula o réxime de
concesión de axudas a pemes de Galicia
para o financiamento de investimentos
encamiñados á redución de emisións de
gases de efecto invernadoiro.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 1 de setembro de 2009 pola que se
convocan unidades de competencia e prazas
para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación
e a certificación da competencia
profesional, e se determina o correspondente
procedemento experimental.
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se
aproba a convocatoria de subvencións para o
financiamento de plans de formación intersectoriais
dirixidos prioritariamente a persoas
traballadoras ocupadas mediante a
subscrición de convenios de ámbito autonómico,
en aplicación da Orde TAS/718/2008,
do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real
decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que
se regula o subsistema de formación profesional
para o emprego, en materia de formación
de oferta e se establecen as bases reguladoras
para a concesión de subvencións públicas
destinadas ao seu financiamento.

Chúzao
del.icio.us


