Novas de Interese Consorcio de Igualdade e Benestar
O Consorcio destina 87.000 euros a axudas á formación
[02/09/2009] O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar destinará un total de 87.150 euros a axudas á formación para a participación en cursos de Técnicas de Busca de Emprego e de Adquisición de Competencias Persoais.
No marco do II Plan Galego de Inclusión Social (PGIS), entre todas as Oficinas I+B impartiranse un total de 93 cursos.
Por unha banda, impartiranse 43 cursos para a Adquisición de Competencias Persoais, unhas accións formativas que terán unha duración máxima de 10 días e un número máximo de 15 participantes.
Asimesmo, as Oficinas I+B impartirán 50 cursos de Técnicas de busca de emprego, que terán unha duración de 8 días como máximo e un número de participantes non superior a 15.
O II Plan Galego de Inclusión Social ten como un dos seus obxectivos a intermediación laboral e, por ende, a mellora da empregabilidade das persoas para os distintos postos de traballo.

Chúzao
del.icio.us

