NOVAS DE INTERESE NO DOG E BOE
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Resolución do 3 de xuño de 2009 pola que
se aproba a lista provisional de anteproxectos
admitidos e excluídos ao abeiro da
Orde do 14 de novembro de 2008, pola
que se determina o obxectivo de potencia
máxima en megawatts para tramitar no
período 2008-2012 e se abre o prazo para
a presentación de solicitudes de autorización
de centrais de biomasa.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 6 de xullo de 2009 pola que se
establecen axudas para o fomento de
actuacións destinadas á protección e
benestar dos animais domésticos realizadas
por asociacións protectoras de animais
domésticos.
CONSELLERÍA DO MAR
Orde do 17 de xuño de 2009 pola que se
modifica a Orde do 11 de marzo de 2009,
na cal se establecen as bases reguladoras
para a concesión de axudas de carácter
socioeconómico cofinanciadas co Fondo
Europeo de Pesca e se establece a súa convocatoria
para o ano 2009, e se fai pública
a ampliación do importe existente para
a concesión das ditas axudas.
Orde do 15 de xullo de 2009 pola que se
derroga a Orde do 17 de abril de 2009, pola
que se convocan as axudas para a execución
dos plans extratéxicos zonais aprobados
pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
aos grupos de acción costeira.
SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN
DA IGUALDADE DO HOME
E DA MULLER
Resolución do 14 de xullo de 2009 pola que
establecen as bases reguladoras que rexerán
as axudas e subvencións dirixidas a entidades
de iniciativa social para o desenvolvemento
de programas a través de centros e
recursos especializados para mulleres en
situación de especial discriminación ou desigualdade
e se procede á súa convocatoria.
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO
Resolución de 9 de julio de 2009, de la Secretaría de Estado de Comercio, por la que se invita a empresas españolas a presentar proyectos susceptibles de ser financiados con cargo a la línea de crédito FAD-PYMEs.

Chúzao
del.icio.us

