Feira Internacional Sector Metal. Polonia.
ITM POLSKA 2008- Feira Internacional do Sector Metal - Mecánico. Poznan (Polonia),
9 a 12 de Xuño de 2008.
As empresas galegas interesadas en participar en ITM POLSKA 2008 (
http://www.igape.es/images/stories/Documentos/Servizos/Internacionalizacion/ficha%20feria%20itm%20polska%202008.pdf
) poderán
solicitalo ao IGAPE ata o próximo día 30 de decembro. O instituto subvencionará o
espacio expositivo. Este certamen é o máis importante do sector en Polonia; contou,
na súa edición de 2007, con 1.300
expositores procedentes de 36 países e con 30.000 visitantes.
O Centro de Promoción de Negocios do IGAPE en Polonia (polonia@igape.es ) coordinará
a participación das empresas galegas interesadas nesta feira e encargarase de
preparar unha axenda de traballo para
cada firma galega expositora.
A selección dos participantes farase por orden cronolóxica de recepción de solicitudes.
www.igape.es

Chúzao
del.icio.us

