Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CONVOCATORIA PARA PLAN INTEGRAL DE APOIO ÁS FAMILIAS E IGUALDADE

Convocatoria de selección de persoal para o Plan Integral de Apoio ás Familias e para o Plan de Igualdade - Equipos Comarcais

O Consorcio de Servizos de Igualdade e de Benestar convoca un proceso de selección como persoal laboral temporal de persoal técnico do Plan Integral de Apoio á Familia para os Equipos Comarcais de Igualdade e Benestar, e de persoal técnico do Plan de Igualdade de Oportunidades para os Equipos Comarcais de Igualdade e Benestar, e publica as bases que han de rexer o proceso de selección.

O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días naturais dende o seguinte ó da publicación no DOGA, é dicir, dende o 25 de outubro ata o 8 de novembro.

Máis información de luns a xoves de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 e venres de 8.00 a 15.00 no teléfono 981 534953.

Chúzao | del.icio.us