AXUDAS INVESTIMENTO TECNOLÓXICO SECTOR TURÍSTICO
AXUDAS PARA INVESTIMENTO TECNOLÓXICO EN XERAL OU PARA EQUIPAMENTO NO SECTOR TURÍSTICO
Ata o próximo 15 de outubro está aberta a convocatoria para a presentación de solicitudes de apoio para proxectos de investimento tecnolóxico en diversos sectores incentivables ou en equipamento en xeral no sector tustístico, segundo a convocatoria publicada o pasado 24 de agosto. Ao mesmo tempo, o Igape convocou axudas para proxectos específicos de protección e mellora ambiental.
O Igape convocou tamén, igualmente en réxime de concorrencia competitiva, as liñas de axuda para o fomento das iniciativas xeradoras de coñecemento nas pemes galegas: proxectos de diagnose, elaboración de estudos e implantación de medidas e proxectos de deseño.
Ao mesmo tempo, o Instituto convocou as súas axudas a proxectos colaborativos de carácter empresarial, ben para proxectos de especialización profesional, para proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a xeración de proxectos de innovación cooperativos ou para a elaboración de plans estratéxicos de innovación e competitividade ou de internacionalización, tamén cooperativos.

Chúzao
del.icio.us


