APOIOS PARA INVESTIMENTOS DE CARÁCTER TECNOLÓXICO IMPULSADOS POLAS PEMES
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) impulsa a mellora da produtividade das pemes galegas mediante o apoio á realización de
investimentos de carácter tecnolóxico destinados á incorporación de bens de equipo, tamén de carácter tecnolóxico, que se integrarán na cadea de valor ou en departamentos de I+D, deseño ou ensaio das sociedades.
O Instituto apoiará tamén proxectos dirixidos a mellorar a organización das pemes mediante subvencións á consultoría de procesos e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando.
O prazo de presentación de solicitudes remata, en ambos casos, o 31 de agosto