Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CURSO DO PLAN FIP TRABALLADOR FORESTAL

CURSO DO PLAN FIP DE “TRABALLADOR FORESTAL” A NIVEL NACIONAL A IMPARTIR NO CENTRO NACIONAL DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DE SANTIAGO.

 Curso: TRABALLADOR FORESTAL.

Datas: 24 de setembro a 30 de novembro de 2007

Duración: 48 días.

Horas lectivas: 340

Horario: De 9 a 13 e de 15 a 18 horas.

Destinatarios: Desempregrados/as inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, preferíbelmente con coñecementos ou experiencia na área agraria/forestal.

Obxectivo xeral: Desenvolver e executar os procesos de implatación, mantemento e aproveitamento das explotacións forestais. 

TRÁMITES: SOLICITUDES: poderánse recoller no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Viveiro ou descargar dende a seguinte páxina web:http://traballo.xunta.es/web/pdf/sxfo/prog/fip/can/2007/Mod_Sol_2007.pdf/ 

PRAZO DE INSCRICIÓN:

Ata 30 días antes do inicio do curso. 

CONDICIÓNS DE ACCESO:

-         Estar desempregado/a e inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego.

-         Non padecer defecto físico que impida o normal desenvolvemento da profesión.-         Valórase experiencia na área forestal.

 SELECCIÓN: 

-         Valoración das solicitudes con todos os datos aportados.

 DOCUMENTACIÓN: 

-         A que se especifica na solicitude. 

INFORMACIÓN: -         Tfno.981563133-         Fax: 981563039-         CENTRO NACIONAL DE FORMACIÓN OCUPACIONAL-         Rúa San Paio do Monte s/n-         15898 SANTIAGO DE COMPOSTELA. 

PUBLICACIÓN LISTA ADMITIDOS:

 -         20 días antes do inicio do curso no taboleiro de anuncios do Centro e na páxina web:-         http://traballo.xunta.es/web/pdf/sxfo/prog/fip/can/2007/listado_admitidos.pdf/ 

LEXISLACIÓN:

-         Real Decreto 395/2007, do 23 de marzo (BOE nº87, de 11 de abril)-         Son cursos gratuítos e pertencen ao Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (F.I.P.).-         Os alumnos/as que cumpran os requisitos establecidos na Orden TAS/3868/2006 do 20 de decembro (BOE Nº304, de 21 de decembro), poderán solicitar as axudas establecidas na mesma.

Chúzao | del.icio.us