Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

FOOD AND HOTEL CHINA 2007

Food and Hotel China 2007. Shangai, do 14 ao 16 de novembro de 2007
 O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) organizará un Pabillón Oficial de España na Food and Hotel China, a feira máis importante do sector da alimentación, que terá lugar en Shangai do 14 ao 16 de novembro de 2007, no marco do Plan China tamén subscrito polo Igape.
 O prazo de admisión de solicitudes para as empresas interesadas en participar nesta feira finalizará o próximo 15 de xullo. A documentación necesaria deberá ser enviada  ao ICEX ou á Dirección Rexional ou Territorial de Comercio, correspondente á súa Comunidade Autónoma.
Para máis información poden consultar a web do ICEX ou ben dirixirse ao CPN do Igape en China, na dirección de correo electrónico china@igape.es.

Chúzao | del.icio.us