PREMIOS ENISA
Premios ENISA á Innovación 25 Aniversario
A Empresa Nacional de Innovación SA (ENISA) convoca os “Premios ENISA á Innovación 25 Aniversario”, coincidindo cos 25 anos da súa fundación. Estes galardóns están dirixidos tanto a empresas xóvenes xa constituidas como a aquelas de nova creación.
O obxectivo é realizar unha distinción aos proxectos empresariais que impliquen un claro desenvolvemento en innovación, coa finalidade de recoñecer e estimular o esforzo innovador das pequenas e medianas empresas.
Outorgaranse cinco premios de 200.000 euros cada un aos mellores proxectos empresariais dos seguintes ámbitos tecnolóxicos: Ciencias da Vida, Enerxía e Medio Ambiente, Tecnoloxía Industrial e dos Materiais, Medios de Transporte e Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.
As pemes interesadas en participar nos “Premios ENISA á Innovación 25 Aniversario” poderán presentar os seus proxectos ata o próximo 20 de xullo. As bases completas da convocatoria pódense consultar en www.enisa.es, onde tamén é posible descargar o formulario para a presentación de candidaturas.

Chúzao
del.icio.us

