Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

ESCOLA OBRADOIRO PAZO DA MISERICORDIA

Os programas de Escolas Obradoiro, Casas de Oficios e Obradoiros de Emprego configúranse como programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, mediante a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que lle posibiliten ao alumnado traballador a realización dun traballo efectivo que procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral. 

As Escolas Obradoiro son unidades de carácter temporal onde se alterna a aprendizaxe co traballo produtivo en actividades relacionadas coa recuperación do Patrimonio histórico, artístico, cultural ou natural; coa rehabilitación  de contornos urbanos ou do ambiente, coa recuperación e acondicionamento de infraestructuras de titularidade pública que sirvan de base para os centros de iniciativas empresariais.

Os destinatarios son mozos e mozas menores de vinte e cinco anos inscritos como demandantes de emprego no servizo público de emprego. 

Actualmente estase a desenvolver no Concello de Viveiro a “ Escola Obradoiro Pazo da Misericordia” cunha duración de 18 meses. Consta de dúas etapas; a primeira de carácter formativo ou de iniciación e a outra de formación en alternancia co traballo ou  a práctica profesional na que se formalizará un contrato para a formación, polo que se deben reunir os requisitos establecidos no artigo 11.2º do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.Esta parte terá unha duración de 12 meses e vai dirixida á  aprendizaxe, cualificación e  adquisición de experiencia profesional. 

As tres especialidades formativas que se están a desenvolver na Escola Obradoiro Pazo da Misericordia son carpintería, xardinería e albanelería.

De xeito complementario á formación nunha determinada especialidade impártese formación en Prevención de Riscos Laborais, Orientación Profesional, Informática e Educación Compensatoria para aqueles alumnos que non posúan o título de ensino secundario obrigatorio(ESO).

Preténdese un dobre obxectivo no tocante á formación dos alumnos.

  •  Acadar unha capacitación profesional que posibilite o acceso ao mercado de traballo sendo posuidores dunha competencia profesional nunha das tres especialidades que se imparten na Escola Obradoiro.
  • Acadar un desenvolvemento integral da persoa paliando déficits formativos e proporcinando  unha alternativa real á formación dentro do sistema educativo regrado.

Chúzao | del.icio.us