Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

PROGRAMA CREAR II

viveiro01.jpg

 

 

 

PROGRAMA CREAR II

  O PROGRAMA CREAR II é un programa experimental de emprego no que participan 75 usuarios , todos eles demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego. Estes usuarios comprométense a formar parte do programa durante a súa duración, nove meses, de novembro de 2007 a xuño de 2008.

Nese ano faranse distintas accións tendentes a buscar e lograr a inserción laboral dos participantes.

O obxetivo final do programa é a inserción laboral de 26 usuarios. Considerarase insertado aquel usuario que teña un contrato laboral de seis ou máis meses, ou ben, se dean de alta como autónomos por un periodo mínimo de un ano.

 O programa consta das seguintes fases: FASE I: Diagnóstico social. Nela establecéronse os condicionantes mínimos para ser participantes do programa. FASE II: Diagnóstico ocupacional. Nesta fase realizáronse as entrevistas personais e de diagnóstico para seleccionar aos participantes. FASE III: Formación, prospección e análise de recursos para o emprego. Nesta fase realizáronse as seguintes accións:

  • Curso de prevención de riscos laborais básico
  • Curso de lectura de planos
  • Curso de manipulador de alimentos
  • Curso básico de inglés
  • Curso básico de informática
  • Elaboración dos curriculums dos usuarios
  • Intermediación laboral

 FASE IV: Acompañamento e seguemento da inserción. Nesta fase o Concello porase en contacto coas empresas da zona para que os usuarios do programa realicen nelas prácticas laborais non remunedaras. Farase tamén  un estudio individualizado da evolución dos usuarios.   

ONDE NOS PODES ATOPAR:

PROGRAMA CREAR. Rosario San Isidro Franco.Coordinadora .
Lorena Mera Ramil.Educadora Social
Claustros de San Francisco.
Tlf 982550421-Ext 26.
Email:programacrear@viveiro.es

Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »