Bases reguladoras das axudas financeiras do Igape á internacionalización das empresas galegas (DOG Nº92 do 14/05/2008)
(http://app.igape.es/.axudas/ver_pdf.asp?cod=1732&l=0 ):
O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega
poñendo ao seu alcance liñas de axudas financeiras que apoien a súa presenza
exterior, xunto cos servizos de apoio que,
neste ámbito, xa están a adisposición do empresariado galego. A aposta do Igape pola
internacionalización das empresas está baseada nun modelo facilitador de
información, servizos directos nos
principais mercados internacionais e financiamento ás empresas para a súa entrada
neles, aposta que se complementa coa formación e especialización de recursos
humanos.
As axudas aplicables para este eixo son as seguintes:
IG110 - Presenza en eventos expositivos internacionais (artigo 9)
IG111 - Proxectos de cooperación internacional (Artigo 16)
IG123 - Proxectos de organización e participación en misións empresariais
internacionais directas (artigo 11)
IG124 - Proxectos de organización e participación en misións empresariais inversas
de calquera país estranxeiro a Galicia (artigo 14)
IG150 - Elaboración de diagnósticos empresariais da capacidade de
internacionalización (Artigo 7)
IG151 - Elaboración de estudos e investigación de mercados internacionais (Artigo 8)
IG154 - Organización e participación en misións empresariais tecnolóxicas (Artigo 13)
IG155 - Asistencia técnica para á participación en licitacións públicas
internacionais (Artigo 15)
IG157- Identificación e implantación de boas prácticas e proxectos de intercambio de
experiencia no ámbito internacional (Artigo 18)
IG158 - Proxectos de prospección e primeira implantación comercial conxunta no
estranxeiro (Artigo 19)
Servizos do Igape para a internacionalización:
Apoio directo en destino con oficinas propias do Igape: Alemaña, Estados Unidos,
China, Xapón e Polonia.
Envío de estudos de mercado e oportunidades de negocio.
Seguro de crédito á exportación Igape-Cesce.
Interpretación telefónica simultánea.
Rede de bolseiros no exterior: Alemaña, Bélxica, Francia, Hungría, Italia, Polonia,
Portugal, Reino Unido, China, Emiratos Árabes Unidos, India, Singapur, Xapón,
Arxentina, Brasil, Chile, Estados
Unidos, México
Rede de axentes comerciais no exterior: Alemaña, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá,
China, Colombia, Estados Unidos, Francia, Hungría, Letonia, Luxemburgo, Marrocos,
México, Polonia, Portugal, Reino
Unido, República Checa, Romanía, Suecia, Venezuela, Vietnam e Xapón.
Colaboración coas 10 asociacións de empresarios de orixe galega no exterior:
Arxentina, Brasil, México, Portugal, República Dominicana, Uruguai, Venezuela,
Cataluña e Madrid.
www.igape.es