Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AXUDAS PARA REALIZACIÓN DE PROXECTOS PROMOCIÓN SOCIO CULTURAL COMUNIDADES PESCADORAS

Orde do 12 de maio de 2008 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión de axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural e divulgación nas comunidades pescadoras e no sector pesqueiro.

 

AXUDAS A FOMENTAR PARTICIPACIÓN E O EMPODERAMENTO DAS REDEIRAS

Orde do 5 de maio de 2008 na cal se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de axudas dirixidas a fomentar a participación e o empoderamento das redeiras de Galicia a través da realización de obradoiros de igualdade.

OFERTA DE EMPREGO

Empresa de axuda a domicilio está á procura dunha Auxiliar de axuda a domicilio para Viveiro. 

Condicións e requisitos do traballo:

- Dous días á semana de 8 a 14.30

- Cómpre ter coche para desprazarse.

- Contrato na seguridade social por 60 horas mensuais

- Salario neto de 266 Euros ao mes vacacións á parte.

 

Interesadas chamar ao 886207613 perguntando por Marta ou Nuria.

CONVOCATORIA DE LISTAS DE FORMADORES PARA IMPARTIR SEMINARIOS FÓRA DA GALIZA

Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidas por esta secretaría xeral.

OFERTA DE EMPREGO

GRUPO RODRÍGUEZ Y PARDO ESTÁ A PROCURA DE:

consultores/as comerciales para a mariña de lugo
Persoa dinámica e responsábel, con don de xentes e boa presenza.


Valórase: coñecementos basicos de internet ou ordenadores, tamén se valorarán para postos de mando intermedio estudos relaccionados con internet, informatica, ordenadores, recursos humanos.

Ofrecese: emprego a xornada completa ou media xornada, grandes comisions (cumprindo a media de tramitacions o soldo seria duns 3000 euros brutos/mes segundo o empresario)

Informacion complementaria:
Non é necesaria experiencia xa que en materia de formacion a empresa asume todos os custes.

Posibilidades reais de ascender na empresa.
Posto de traballo indefinido (Contrato mercantil).

Interesados chamar aos seguintes teléfonos de contacto:

WWW.GRUPORODRIGUEZYPARDO.ES
Movil1: 615598590      Mov2: 661482586
tlf/fax: 982551365
Viveiro, Lugo

OFERTA CONCELLO DE BURELA

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS /DÚAS AUX DE POLICÍA LOCAL.

BASES REITORAS: A DISPOSICIÓN DOS INTERESADOS/AS NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE BURELA.

PRAZO DE PRESENTACIÓN 8 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DO DÍA SEGUINTE AO DA PUBLICACIÓN DO PRESENTE ANUNCIO (FOI PUBLICADO NO PROGRESO O 11 DE MAIO). SI O ÚLTIMO DÍA NO PRAZO FOSE INHÁBIL TRASLADARASE AO SEGUINTE DÍA HÁBIL.

 

BASES REGULADORAS AXUDAS IGAPE Á INTERNACIONALIZACIÓN

Resolución do 9 de maio de 2008 pola que se dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas e se procede á súa convocatoria.

AXUDAS DESENVOLVEMENTO ACCIÓNS FORMATIVAS MATERIA AGROFORESTAL

Orde do 7 de maio de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas en materia agroforestal, por entidades de iniciativa social dedicadas a fomentar a integración social e laboral de persoas con discapacidades ou en risco de exclusión social na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2008.

BASES XERAIS PROCESO DE SELECCIÓN PERSOAL LABORAL FIXO GALESCOLAS


RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE APROBAN AS BASES XERAIS QUE HAN REXER O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO DE GALESCOLAS

BASES XERAIS PROCESO SELECCIÓN PERSOAL LABORAL FIXO CENTROS DE DÍA / RESIDENCIAS


RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE APROBAN AS BASES XERAIS QUE HAN REXER O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO DOS CENTROS DE DÍA /RESIDENCIAS