CONVOCATORIAS SELECCIÓN PERSOAL LABORAL FIXO CENTROS DE DIA/RESIDENCIAS
Coincidencia nas datas de exames das convocatorias de selección de persoal laboral fixo para Centros de Día e Centros de Día/ResidenciaisAs convocatorias de selección de persoal laboral fixo para Centros de Día e Centros de Día/Residenciais organizaranse en tres grupos.
A data dos exames será a mesma para todas as convocatorias que pertenzan ao mesmo grupo, o que conleva a imposibilidade de presentarse a máis dunha convocatoria dentro do mesmo grupo.
Os devanditos grupos son os que seguen:
1. Abadín, Riotorto, A Pontenova, O Corgo e Melide
2. Pantón, Toén, Chantada e Pereiro de Aguiar
3. Cabana de Bergantiños, Dodro, Pontearas, Vilar de Santos e Oímbra
Bases reguladoras axudas financeiras IGAPE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESAS GALEGAS
Bases reguladoras das axudas financeiras do Igape á internacionalización das empresas galegas (DOG Nº92 do 14/05/2008)
(http://app.igape.es/.axudas/ver_pdf.asp?cod=1732&l=0 ):
O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega
poñendo ao seu alcance liñas de axudas financeiras que apoien a súa presenza
exterior, xunto cos servizos de apoio que,
neste ámbito, xa están a adisposición do empresariado galego. A aposta do Igape pola
internacionalización das empresas está baseada nun modelo facilitador de
información, servizos directos nos
principais mercados internacionais e financiamento ás empresas para a súa entrada
neles, aposta que se complementa coa formación e especialización de recursos
humanos.
As axudas aplicables para este eixo son as seguintes:
IG110 - Presenza en eventos expositivos internacionais (artigo 9)
IG111 - Proxectos de cooperación internacional (Artigo 16)
IG123 - Proxectos de organización e participación en misións empresariais
internacionais directas (artigo 11)
IG124 - Proxectos de organización e participación en misións empresariais inversas
de calquera país estranxeiro a Galicia (artigo 14)
IG150 - Elaboración de diagnósticos empresariais da capacidade de
internacionalización (Artigo 7)
IG151 - Elaboración de estudos e investigación de mercados internacionais (Artigo 8)
IG154 - Organización e participación en misións empresariais tecnolóxicas (Artigo 13)
IG155 - Asistencia técnica para á participación en licitacións públicas
internacionais (Artigo 15)
IG157- Identificación e implantación de boas prácticas e proxectos de intercambio de
experiencia no ámbito internacional (Artigo 18)
IG158 - Proxectos de prospección e primeira implantación comercial conxunta no
estranxeiro (Artigo 19)
Servizos do Igape para a internacionalización:
Apoio directo en destino con oficinas propias do Igape: Alemaña, Estados Unidos,
China, Xapón e Polonia.
Envío de estudos de mercado e oportunidades de negocio.
Seguro de crédito á exportación Igape-Cesce.
Interpretación telefónica simultánea.
Rede de bolseiros no exterior: Alemaña, Bélxica, Francia, Hungría, Italia, Polonia,
Portugal, Reino Unido, China, Emiratos Árabes Unidos, India, Singapur, Xapón,
Arxentina, Brasil, Chile, Estados
Unidos, México
Rede de axentes comerciais no exterior: Alemaña, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá,
China, Colombia, Estados Unidos, Francia, Hungría, Letonia, Luxemburgo, Marrocos,
México, Polonia, Portugal, Reino
Unido, República Checa, Romanía, Suecia, Venezuela, Vietnam e Xapón.
Colaboración coas 10 asociacións de empresarios de orixe galega no exterior:
Arxentina, Brasil, México, Portugal, República Dominicana, Uruguai, Venezuela,
Cataluña e Madrid.
www.igape.es
CONVOCATORIA CENTROS DE DÍA PERSOAL LABORAL FIXO
Convocatorias dos procesos selectivos de persoal laboral fixo para Centros de Día e Centros de Día/Residenciais
De conformidade coa resolución da Presidencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que se aproban as bases de selección para a contratación de persoal (DOG nº 89, de 9 de maio de 2008), anúncianse as convocatorias dos procesos de selección para a contratación de persoal laboral fixo dos seguintes Centros de día e Centros de día/Residenciais:
Abadín, Cabana de Bergantiños, Chantada, O Corgo, Dodro, Melide, Pantón, Pereiro de Aguiar, Ponteareas, A Pontenova, Oímbra, Riotorto, Toén e Vilar de Santos.
O prazo de presentación de instancias vai desde o 5 ao 24 de xuño.
O anuncio desta convocatoria está publicado no DOG nº 107 do 4 de xuño de 2008.
- Consulte aquí a convocatoria de Abadín
- Consulte aquí a convocatoria de Cabana de Bergantiños
- Consulte aquí a convocatoria de Chantada
- Consulte aquí a convocatoria do Corgo
- Consulte aquí a convocatoria de Dodro
- Consulte aquí a convocatoria de Melide
- Consulte aquí a convocatoria de Pantón
- Consulte aquí a convocatoria de Pereiro de Aguiar
- Consulte aquí a convocatoria de Ponteareas
- Consulte aquí a convocatoria da Pontenova
- Consulte aquí a convocatoria de Oímbra
- Consulte aquí a convocatoria de Riotorto
- Consulte aquí a convocatoria de Toén
- Consulte aquí a convocatoria de Vilar de Santos
Estado do trámite: En prazo de presentación
OFERTA DE EMPREGO
EXCMO CONCELLO DE VIVEIRO
CONVOCA URXENTEMENTE UNHA PRAZA DE:
DOCENTE PARA CURSO AUX AXUDA A DOMICILIO.
Para impartir curso de formación ocupacional (plan FIP).
REQUISITOS:
- Titulación Universitaria media/superior ou capacitación profesional equivalente relacionada co curso.
- Experiencia en traballos relacionados coa atención a persoas con discapacidade.
- Formación metodolóxica ou experiencia docente.
A data para entrega documentación será do 2 ao 6 de xuño.
PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL TRABADA
D.O.G. Nº 102 MÉRCORES 28 de maio de 2008
DENOMINACIÓN DE PRAZA: Traballador social
ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Trabada
Nº POSTOS CONVOCADOS: 1
TIPO DE PRAZA: Persoal laboral fixo
BOLSAS REALIZACIÓN ESTUDOS POSGRAO NA UE
Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, polo que se anuncia a convocatoria de bolsas para a realización de estudos de posgrao (máster, doutoramento ou investigación de posdoutoramento) en calquera das universidades e centros superiores de investigación de países da Unión Europea, para o curso académico 2008-2009 ou 2009-2010, nas áreas de ciencias sociais.

Chúzao
del.icio.us

