Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AXUDAS CREACIÓN, RENOVACIÓN, MODERNIZACIÓN E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA EMPRESAS PRODUTOS PESCA

Orde do 6 de xuño de 2008 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura convocadas pola Orde do 20 de febreiro de 2008.

AXUDAS REALIZACIÓN PRÁCTICAS EMPRESAS CENTROS CONSELLERÍA PESCA

Orde do 4 de xuño de 2008 pola que se convocan axudas económicas para a realización de formación práctica en empresas, destinada a alumnos/as de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica de centros dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

RECOÑECEMENTO CONDICIÓN ENTIDADE COLABORADORA SERVIZO PUBLICO EMPREGO DE GALIZA

Orde do 6 de xuño de 2008 pola que se desenvolve o Decreto 251/2007, do 13 de decembro, polo que se regula o recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas e a creación do rexistro administrativo.

SOLICITUDES AXUDAS GUINDASTRES-TORRE

Orde do 27 de maio de 2008 pola que se abre un novo prazo de presentación das solicitudes e se modifica a máxima porcentaxe subvencionable dos equipos que se acollan ao abeiro da Orde do 4 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2008 (IN420A).

 

Bases reguladoras para concesión subvencións a PEMES

Corrección de erros.-Orde do 28 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión e a elaboración e verificación de memorias de responsabilidade social empresarial, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na xestión delas, e se procede á súa convocatoria (procedemento IN514B).

OFERTA DE EMPREGO CONCELLO BURELA

No progreso de ontes saíu o seguinte anuncio:

 

CONCELLO DE BURELA

CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE DUN/UNHA AUX ADMINISTRATIVO/A ADSCRITO AO GABINETE DA ALCALDÍA.

Prazo de presentación: 8 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio (publicouse o día 11 de xuño). Se o último día do prazo é inhábil, trasladarase ao primeiro hábil seguinte.

Bases reitoras: Están a disposición dos/as interesados/as no Rexistro Xeral do Concello de Burela.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL INGACAL

Resolución do 23 de maio de 2008 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal no Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal).

BASES AXUDAS TRANSPORTISTAS AUTÓNOMOS

Orde do 4 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

AXUDAS EXPLOTACIÓNS PORCINAS E CUNÍCOLAS

Orde do 3 de xuño de 2008 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 28 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases para a concesión de determinadas axudas destinadas ao apoio das explotacións porcinas e cunícolas para a realización de accións tendentes á mellora da calidade das súas producións, baseadas na execución de programas de prevención sanitaria.

 

OFERTAS DE EMPREGO LOCAL

CONCELLO DE ALFOZ ANUNCIA:

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL NO CONCELLO DE:

3 CONDUTORES DE VEHÍCULO MOTOBOMBA.

2 ANIMADORES/AS DE TURISMO.

1 AUX. ADMINISTRATIVO.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no progreso (publicouse o día 4 de xuño)

Bases reitoras: Están a disposición dos intereados/as no Rexistro Xeral do  Concello de Alfoz.

CONCELLO DE CERVO

OFERTA DE CONTRATACIÓN TEMPORAL URXENTE DE:

AUX AXUDA A DOMICILIO.

Os aspirantes deberán estar en posesión de:

Curso de Aux de Axuda a Domicilio de 445 horas como mínimo.

Carné de conducir B.

Coche propio.

Os contratos serán de duración determinada.

Prazo de presentación: 3 días contados dende o día da publicación anuncio (que foi o 4 de xuño)

Bases: Están a disposición dos interesados/as no Concello de Cervo.