Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Día do Cooperativismo Galego en Ribadeo

Preto de 1.200 persoas celebrarán o vindeiro sábado o Día do Cooperativismo Galego 2008 en Ribadeo

  • Coincidindo co Día Internacional do Cooperativismo, o Consello Galego de Cooperativas (Cogaco) acordou celebrar a festa autonómica do cooperativismo o 5 de xullo na cooperativa Os Irmandiños
  • A Consellería de Traballo repartirá 26.500 euros en premios e 16.000 euros en material audiovisual, entre os galardoados na edición dos premios convocados polo Cogaco

Santiago, 1 de xullo de 2007.- Preto de 1.200 persoas procedentes de toda a xeografía da Comunidade Autónoma celebrarán o vindeiro sábado día 5 de xullo o Día do Cooperativismo Galego 2008 en Ribadeo (Lugo). Este é o terceiro ano consecutivo no que a celebración galega coincide co Día Internacional do Cooperativismo. Esta data foi acordada no seo do Consello Galego de Cooperativas (Cogaco), entidade que preside o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela.

Nesta edición, o lema que preside os actos de celebración é Cooperación+innovación=desenvolvemento sostible, unha idea que define parte da filosofía da economía social e do movemento cooperativo. O lema escollido para a cita deste ano pon en primeiro plano a necesidade de progresar no desenvolvemento económico e social, baixo o prisma da sustentabilidade. O futuro que se aveciña require facer un esforzo cada vez maior para poñer en valor os recursos humanos e materiais para satisfacer as necesidades actuais. Ao mesmo tempo, ese esforzo non debe dar as costas ao día de mañá, nin comprometer a capacidade das xeracións futuras para atender as súas propias.

Cómpre destacar que a finalidade desta celebración é reivindicar a cultura e o movemento cooperativo, ademais de loar o traballo e os esforzos dos seus traballadores. Asemade, esta é a terceira vez consecutiva que os actos se desenvolverán nas instalacións dunha cooperativa, xa que constitúe un modo para favorecer o coñecemento entre as persoas que conforman parte do movemento cooperativo e achegar a celebración deste día aos seus auténticos destinatarios.

A cooperativa Os Irmandiños, S. Coop. Galega de Ribadeo, acollerá os actos que se organizarán para conmemorar o Día do Cooperativismo Galego 2008. Así, a partir das 11,30 horas da mañá achegaranse ata esta entidade membros de diversos sectores do eido cooperativo e distintas autoridades coa finalidade de destacar e promover a importancia da celebración do día do cooperativismo en Galicia.

Un dos pratos fortes deste día será a entrega dos galardóns dos premios que cada ano convoca o Cogaco ás persoas e entidades participantes nesta edición. En total, a Consellería de Traballo repartirá 26.500 euros en premios e 16.000 euros en material escolar.

Ademais dos actos de carácter institucional, ao longo da tarde tamén se celebrará unha serie de actividades dirixidas tanto aos maiores como aos nenos, diversos xogos cooperativos, a exposición de todos os traballos participantes nos concursos, así como visitas á escola cooperativa móbil. Cómpre destacar que esta cooperativa cede dunha maneira totalmente desinteresada as súas instalacións para levar a cabo os actos de conmemoración deste día.

O impulso ao cooperativismo
O fomento e o impulso do cooperativismo representa un obxectivo básico e fundamental para a Consellería de Traballo, xa que a fórmula cooperativa é unha opción válida para garantir emprego estable e de calidade. Nese senso, é necesario promocionar e potenciar a formación cooperativa, por todos os ámbitos sociais e dende os primeiros niveis do sistema educativo.

Deste xeito, mostrarase que o cooperativismo contribúe a dotar de instrumentos de autoemprego e colaboración empresarial a todas as persoas que están chamadas a formar parte da poboación ocupada de Galicia.

OFERTAS CONCELLO DE FOZ

B.O.E. Nº 155 venres 27 de xuño de 2008   

  B.O.P. Nº 116  xoves 22 de maio de 2008

 DENOMINACIÓN DE PRAZA: Peóns do servizo de lixos

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Foz

Nº POSTOS CONVOCADOS: 2

TIPO DE PRAZA: Persoal laboral fixo

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso oposición

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo máximo de vinte días naturais, contados a partir do día en que se faga pública a proposta, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria e anexos correspondentes, así como a documentación complementaria que se lles sinale.

 



B.O.E. Nº 155 venres 27 de xuño de 2008

 B.O.P. Nº 116  xoves 22 de maio de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Peóns barrendeiros

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Foz

Nº POSTOS CONVOCADOS: 2

TIPO DE PRAZA: Persoal laboral fixo

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso oposición

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo máximo de vinte días naturais, contados a partir do día en que se faga pública a proposta, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria e anexos correspondentes, así como a documentación complementaria que se lles sinale.

    B.O.E. Nº 155 venres 27 de xuño de 2008   

  B.O.P. Nº 116  xoves 22 de maio de 2008 


DENOMINACIÓN DE PRAZA: Técnico en turismo

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Foz

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal laboral fixo

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso oposición

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo máximo de vinte días naturais, contados a partir do día en que se faga pública a proposta, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria e anexos correspondentes, así como a documentación complementaria que se lles sinale.

  B.O.E. Nº 155 venres 27 de xuño de 2008

  B.O.P. Nº 116  xoves 22 de maio de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Administrativo- Recaudador

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Foz

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal funcionario

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso oposición

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo máximo de vinte días naturais, contados a partir do día en que se faga pública a proposta, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria e anexos correspondentes, así como a documentación complementaria que se lles sinale.

AXUDAS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO ILES

Orde do 19 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES) e do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

ENCONTRO COS AXENTES COMERCIAIS NO EXTERIOR

ENCONTRO CON AXENTES COMERCIAIS MEDIADORES NO EXTERIOR
 
Datas: do 1 ao
3 de Xullo de 2008
Lugar: Edificio Igape, Complexo Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Como continuación ao Punto de Encontro cos Directores dos Centros de Promoción de
Negocios do Igape en Alemania, China, EEUU, Polonia e Xapón, celebrado
recentemente,  durante os vindeiros días 1, 2 e
3 de xullo, estarán en Santiago de Compostela os Axentes Comerciais Mediadores no
exterior, cos que as empresas galegas interesadas nos mercados para os que están
cualificados poden manter entrevistas
individualizadas. Ademais, si así o solicitan, as empresas participantes tamén
poderán recibir información sobre as axudas e outros servizos de apoio á
internacionalización que presta o Igape.
Os Axentes Comerciais Mediadores son cualificados para cada mercado tras contrastar
a súa experiencia. Son expertos en comercio exterior, canles de distribución e
servizos á internacionalización, e
actúan por conta propia e con independencia do Igape.
Os Axentes Comerciais Mediadores que acudirán a este Punto de Encontro, cos que pode
solicitar unha entrevista son os seguintes:
        · Forum Development: axente cualificado para Polonia.
        · Argos Consulting Network, S.L.: axente cualificado para Alemaña, Bélxica,
China, Francia, EE.UU., México, Polonia, República Checa, Suecia e Xapón.
        · Astron Consultores de Gestión, S.L.: axente cualificado para México.
        · Inteligencia y Tecnología S.L. (Equantia): axente cualificado para
Letonia, Polonia, República Checa e Eslovaquía.
        · Asesores corporativos: axente cualificado para China.
        · Enxeñeiros e arquitectos consultores-IDOM: axente cualificado para
Romanía, Marrocos, México, Brasil, Venezuela, Bélxica, Reino Unido, Portugal.
        · González y Cia Asesores, S:L. (Glezco consultores y asesores): axente
cualificado para China.     
 
Máis información: teléfonos 902300903 ou 981 541127.
 

www.igape.es
 

SELECCIÓN PERSOAL TEMPORAL EMPRESA PÚBLICA SERVIZOS AGRARIOS

Anuncio do 18 de xuño de 2008 polo que se fai pública a convocatoria e bases específicas II, para a selección e contratación de persoal temporal desta empresa pública entre os candidatos incluídos na lista previa na categoría de licenciado en veterinaria, perfil profesional Programas de recuperación de recursos zooxenéticos.

BASES ESPECÍFICAS II SELECCIÓN PERSOAL TEMPORAL EMPRESA PÚBLICA SERVIZOS AGRARIOS

Anuncio do 18 de xuño de 2008 polo que se fai pública a convocatoria e bases específicas II, para a selección e contratación de persoal temporal desta empresa pública entre os candidatos incluídos na lista previa na categoría de enxeñeiro técnico agrícola, perfil profesional de dirección e/ou xefatura de obra.

BASES SUBVENCIÓNS APOIO AO EMPRENDEMENTO FEMININO

Resolución do 13 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento feminino como fórmula de loita contra a discriminación no mercado de traballo (programa Emega) e se procede á súa convocatoria.

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase persoa para dirixir diversos traballos forestais nas proximidades de Viveiro.

Valórase experiencia ou titulación (Capataz ou I.T. Forestal)

Requírese carné de conducir.

Ofrécese contrato e incentivos.

Intersados chamar ao 670411960

OFERTA PÚBLICA LOCAL EMPREGO PROVINCIA DE LUGO

Oferta de emprego público de 2008    D.O.G. Nº 116  martes 17 de xuño de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Técnico

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Monforte de Lemos

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal funcionario

SISTEMA DE PROVISIÓN:

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Oferta de emprego público de 2008    B.O.P. Nº 135  venres  13 de xuño de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Gardas de policía

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Quiroga

Nº POSTOS CONVOCADOS: 3

TIPO DE PRAZA: Persoal funcionario

SISTEMA DE PROVISIÓN:

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES ENTIDADE COLABORADORA SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO

Resolución do 6 de xuño de 2008, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes de inscrición no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia para a captación de ofertas.