Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

SUBVENCIÓNS A PEMES GALEGAS PARA APOIAR ACCIÓNS DE IMPLANTACIÓNS E CERTIFICACIÓN DE MODELOS DE XESTIÓN RESPONSABILIDADE SOCIAL

Orde do 28 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión e a elaboración e verificación de memorias de responsabilidade social empresarial, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (procedemento IN514B).

AXUDAS Á HABILITACIÓN E MELLORA INFRAESTRUTURAS PARQUES EMPRESARIAIS

Orde do 28 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008 (IN519B).

SUBVENCIÓNS FOMENTO INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN EMPRESARIAL

Orde do 25 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2008 (código de procedemento IN841A e seis máis).

OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO PROVINCIA DE LUGO

Oferta de emprego público de 2008     B.O.P. Nº 101  sábado 3 de maio de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Arquitecto

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Outeiro de Rei

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal funcionario

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso oposición

Oferta de emprego público de 2008     B.O.P. Nº 101  sábado 3 de maio de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Auxiliar administrativo

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Outeiro de Rei

Nº POSTOS CONVOCADOS: 2

TIPO DE PRAZA: Persoal funcionario

SISTEMA DE PROVISIÓN: Oposición

Oferta de emprego público de 2008     B.O.P. Nº 101  sábado 3 de maio de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Conserxe.

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Outeiro de Rei

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal funcionario

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso oposición


    B.O.P. Nº 100  venres 2 de maio de 2008

 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Administrativo

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Baralla

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal funcionario

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso oposición promoción interna

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo de 10 días hábiles contados dende o día seguinte aá publicación da convocatoria.

CONVOCATORIA E BASES SELECCIÓN PERSOAL TEMPORAL SEAGA

Anuncio polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) entre os candidatos incluídos nas listas previas nas categorías de emisorista e maquinista/condutor.

 

CONCESIÓN AXUDAS PEMES PARA FINANCIAMENTO REDUCIÓN EMISIÓNS GASES EFECTO INVERNADEIRO

Orde do 24 de abril de 2008 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas ás pequenas e medianas empresas (Pemes) de Galicia para o financiamento de investimentos encamiñados á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

 

OFERTAS NO PROGRESO DO 2 DE MAIO

OFERTA Nº 1:

CONCELLO DE BURELA.

OBXECTO: CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE A TEMPO PARCIAL DUN/DUNHA AUX ADMINISTRATIVO ADSCRITO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL.

PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES E MÉRITOS: 8 DÍAS NATURAIS A CONTAR DENDE O SEGUINTE AO DA PUBLICACIÓN DESTE ANUNCIO (O ANUNCIO PUBLICOUSE O 2 DE MAIO) SE O ÚLTIMO DÍA É INHÁBIL, TRASLADARASE AO PRIMEIRO HÁBIL SEGUNTE.

REQUISITOS TITULACIÓN: GRADUADO EN ESO, FPI RAMA ADMINISTRATIVA OU EQUIVALENTE.

BASES REITORAS: NO REXISTRO XERAL CONCELLO DE BURELA.

OFERTA Nº 2:

PRECÍSASE PEÓNS PARA TALLER MECÁNICO EN CERVO.

INTERESADOS ENVIAR CV AO APARTADO DE CORREOS, 16 DE BURELA.

AXUDAS INVESTIMENTOS TRANFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN PRODUTOS PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

Orde do 24 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convocan para o exercicio 2008.

OFERTA DE EMPREGO

Empresa de Traballo Temporal está á procura de rapaces con gañas de traballar en produción para unha picisfactoría ubicada en Cervo.

O traballo realizaráse a turnos de mañá e de tarde.

Existe posibilidade de estabilidade no posto pola empresa.

 

Interesados chamar os teléfono seguinte:

982 284 379

 

 

III DÍA GALEGO DO EMPRENDEDOR

III DÍA GALEGO DO EMPRENDEDOR
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2008 (Palacio de Congresos)
  
O Instituto Galego de Promoción Económica e BIC Galicia, organismos dependentes da
Consellería de Economía e Facenda, están a rematar os preparativos para a que será a
terceira edición do Día Galego
do Emprendedor. O evento reunirá o vindeiro 15 de maio a emprendedores e empresarios
de toda Galicia no Palacio de Congresos de Santiago.
  
A xornada enmárcase na campaña nacional “Emprendemos Xuntos” da Dirección Xeral de
Política da PEME do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Esta terceira
edición estase a desenvolver baixo o
lema “A túa idea, a túa empresa”.  
  
O III Día Galego do Emprendedor abordará asuntos relacionados coa formación, a
motivación e o financiamento para a creación de empresas, así como temáticas como os
novos modelos de negocio que se
abren para os futuros emprendedores en xeral e no contorno galego en particular,
entre eles os que achegan as novas tecnoloxías, a internet ou o software libre.
 
Inscricións (
http://www.diaemprendedor.com/oficinas-territoriais/2.html )
 
Máis información www.diaemprendedor.com