Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: SERVIZOS SOCIAIS

NOVAS DE INTERESE NO DOG E BOP

viveiro 03/07/2009 @ 10:44
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Corrección de erros.-Orde do 18 de xuño
de 2009 pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión, en réxime
de concorrencia competitiva, de subvencións
a empresas galegas para a adquisición
de equipamento industrial e se procede
á súa convocatoria (procedemento
administrativo IN 530B).
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 22 de xuño de 2009 pola que se
anuncia a convocatoria para a concesión
de axudas a conservatorios de música non
dependentes da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria e de titularidade
pública.
Disponible aquí en formato PDF

Orde do 23 de xuño de 2009 pola que se
anuncia a convocatoria para a concesión
de subvencións a escolas de música públicas
dependentes de concellos da Comunidade
Autónoma de Galicia.
Disponible aquí en formato PDF

Orde do 24 de xuño de 2009 pola que se
anuncia a convocatoria para a concesión
de subvencións a escolas de música dependentes
de institucións sen ánimo de lucro.
Disponible aquí en formato PDF


CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se
establecen as bases reguladoras do programa
de emprego con apoio como medida
de fomento do emprego de persoas con
discapacidade no mercado ordinario de
traballo, e se procede á súa convocatoria
para o ano 2009.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se
establecen as bases que regulan as axudas
destinadas á implantación de sistemas de
autocontrol nos mercados de gando da
Comunidade Autónoma de Galicia, e se
convocan para o ano 2009.

Excma. Deputación Provincial
AREA DE COOPERACION E ASISTENCIAS AOS
CONCELLOS
BASES QUE REXERÁN NO PROCEDEMENTO DE
CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA A CONCESION
DE SUBVENCIÓNS COMPLEMENTARIAS DESTINADAS
Á REALIZACION DE PEQUENAS OBRAS
DE INFRAESTRUTURAS PARA CONCELLOS DA
PROVINCIA DE LUGO DE MENOS DE 5.000 HABITANTES
(ANUALIDADE 2009).

NOVAS DE INTERESE NO DOG E BOE

viveiro 30/06/2009 @ 12:27
CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 19 de xuño de 2009 pola que se
modifica a Orde do 23 de febreiro de
2009, pola que se establecen as bases
polas que se rexerá a concesión de subvencións
a entidades de iniciativa social para
investimento, mantemento e promoción de
actividades e programas de servizos
sociais e se procede á súa convocatoria.
Disponible aquí en formato PDF

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN
DA IGUALDADE DO HOME
E DA MULLER
Resolución do 23 de xuño de 2009 pola
que se establecen as bases reguladoras que
rexerán as axudas e subvencións a entidades
locais para o mantemento e funcionamento
de centros de información ás mulleres
e se procede á súa convocatoria.
Disponible aquí en formato PDF

MINISTERIO DE IGUALDAD

Orden IGD/1738/2009, de 19 de junio, por la que se convocan las ayudas a la pequeña y mediana empresa y otras entidades para la implantación de planes de igualdad de oportunidades entre mujeres y hombres, correspondientes al año 2009.
Disponible aquí en formato PDF

CURSO "VOLUNTARIADO EN ACOMPAÑAMENTO SOCIAL"

viveiro 04/12/2008 @ 12:58

CURSO DE VOLUNTARIADO EN ACOMPAÑAMENTO SOCIAL

OGANIZA: OFICINA MUNICIPAL VOLUNTARIADO DO CONCELLO DE VIVEIRO

 DATA: 13 DE DECEMBRO DO 2.008

HORARIO: DE 9:30 A 14:00 E DE 15:30 A 19:00

LUGAR: AVDA CERVANTES S/N, VIVEIRO (CLAUSTROS IGREXA DE SAN FRANCISCO)

PRAZO DE INSCRICIÓN: ATA O 11 DE DECEMBRO (25 PERSOAS MÁXIMO).

MAIS INFORMACIÓN:

OFICINA MUNICIPAL DO VOLUNTARIADO.

CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS

TFNO: 982550421/982562149/649990737

Axudas e subvencións de Vicepresidencia

viveiro 03/04/2008 @ 08:51

Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes.

Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan axudas económicas destinadas a subvencionar gastos de mantemento e funcionamento das asociacións e federacións de mulleres de Galicia.

Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2008.

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE PRAZAS/POSTOS DE FUNCIONARIOS INTERINOS NA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

viveiro 13/03/2008 @ 11:05

Por Decreto da Presidencia de data 11 de marzo de 2008, convócase públicamente a quen desexe participar nas probas selectivas para prestar servizos a Excma. Deputación Provincial de Lugo nos seguintes postos de traballo, como funcionarios interinos.

DENOMINACIÓN R.X GR. TITULACIÓN ADSCRICIÓN
2 AUXILIAR RF C-C2 Graduado escolar, SERVIZO DE
        formación profesional RECADACIÓN
        primeiro grao, ciclo
        formativo grao medio
        ou equivalente

 

Subvencións a entidades de iniciativa social.

viveiro 15/02/2008 @ 09:53

Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria.

OFERTAS DE INFOJOBS

viveiro 01/02/2008 @ 10:16

No portal de emprego INFOJOBS podedes atopar as seguintes ofertas de emprego para Viveiro.

   01/02  TÉCNICO ELECTRÓNICO  Viveiro  ALLIANCE VIGO     01/02  AXUDANTE DE XEFE DE OBRA - VIVEIRO  Viveiro  Construción     31/01  Administrativo/comercial  VIVEIRO  OSCAR GARCIA TEIJEIRA S.L (Axa Seguros)     31/01  XEFE OBRA EDIFICACIÓN  VIVEIRO  GRUPO PUENTES 

   28/01  Xestor de Comunidades  Viveiro  COLABORA Enxeñeiros 

  

OFERTA DE EMPREGO NO PROGRESO

viveiro 17/01/2008 @ 09:57

No progreso do día 16 saiu o seguinte anuncio:

CERVO

NECESÍTANSE PEÓNS PARA TALLER METÁLICO.

ENVIAR CURRÍCULUM VITAE AO

APARTADO DE CORREOS, 16 BURELA.

SERVIZOS SOCIAIS

viveiro 27/04/2007 @ 09:58

Os Servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

Os Servizos sociais municipais teñen por obxecto:

  • A detección e análise das necesidades e carencias sociais dos Viveireses/as.
  • A información, a orientación e o asesoramento á cidadanía sobre os seus dereitos sociais e os procedementos para o seu exercicio.
  • A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade.
  • A mellora da autonomía persoal.
  • A inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
  • A animación e o desenvolvemento comunitario.
  • A mellora da cooperación e solidariedade expresada no voluntariado social.

Podedes atopar as súas instalacións no seguinte enderezo:

Avda Cervantes s/n  27850 Viveiro

Teléfonos: 982550421//982562149