Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: SERVIZOS SOCIAIS

Axudas e subvencións de Vicepresidencia

viveiro 03/04/2008 @ 08:51

Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes.

Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan axudas económicas destinadas a subvencionar gastos de mantemento e funcionamento das asociacións e federacións de mulleres de Galicia.

Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2008.

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE PRAZAS/POSTOS DE FUNCIONARIOS INTERINOS NA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

viveiro 13/03/2008 @ 11:05

Por Decreto da Presidencia de data 11 de marzo de 2008, convócase públicamente a quen desexe participar nas probas selectivas para prestar servizos a Excma. Deputación Provincial de Lugo nos seguintes postos de traballo, como funcionarios interinos.

DENOMINACIÓN R.X GR. TITULACIÓN ADSCRICIÓN
2 AUXILIAR RF C-C2 Graduado escolar, SERVIZO DE
        formación profesional RECADACIÓN
        primeiro grao, ciclo
        formativo grao medio
        ou equivalente

 

Subvencións a entidades de iniciativa social.

viveiro 15/02/2008 @ 09:53

Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria.

OFERTAS DE INFOJOBS

viveiro 01/02/2008 @ 10:16

No portal de emprego INFOJOBS podedes atopar as seguintes ofertas de emprego para Viveiro.

   01/02  TÉCNICO ELECTRÓNICO  Viveiro  ALLIANCE VIGO     01/02  AXUDANTE DE XEFE DE OBRA - VIVEIRO  Viveiro  Construción     31/01  Administrativo/comercial  VIVEIRO  OSCAR GARCIA TEIJEIRA S.L (Axa Seguros)     31/01  XEFE OBRA EDIFICACIÓN  VIVEIRO  GRUPO PUENTES 

   28/01  Xestor de Comunidades  Viveiro  COLABORA Enxeñeiros 

  

OFERTA DE EMPREGO NO PROGRESO

viveiro 17/01/2008 @ 09:57

No progreso do día 16 saiu o seguinte anuncio:

CERVO

NECESÍTANSE PEÓNS PARA TALLER METÁLICO.

ENVIAR CURRÍCULUM VITAE AO

APARTADO DE CORREOS, 16 BURELA.

SERVIZOS SOCIAIS

viveiro 27/04/2007 @ 09:58

Os Servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

Os Servizos sociais municipais teñen por obxecto:

  • A detección e análise das necesidades e carencias sociais dos Viveireses/as.
  • A información, a orientación e o asesoramento á cidadanía sobre os seus dereitos sociais e os procedementos para o seu exercicio.
  • A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade.
  • A mellora da autonomía persoal.
  • A inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
  • A animación e o desenvolvemento comunitario.
  • A mellora da cooperación e solidariedade expresada no voluntariado social.

Podedes atopar as súas instalacións no seguinte enderezo:

Avda Cervantes s/n  27850 Viveiro

Teléfonos: 982550421//982562149