Categoría: SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL
NOVAS DE INTERESE DOG E BOE
MINISTERIO DE SANIDAD Y POLÍTICA SOCIAL
NOVAS DE INTERESE BOP
OFERTA EMPREGO CIMO
PEÓN PARA LABORATORIO DE CONSTRUCIÓN EN MONDOÑEDO.
número oferta: 973590
Empresa adicada ao control de calidade, precisa persoal con experiencia no sector da construción para realizar recollida de mostras de formigón en distintas obras da comarca. Traballo con esforzo físico a xornada completa.
Interesados/as chamar ao 902116039 dando o número da oferta.
Revisión de oficio das bases de selección de persoal aprobadas pola resolución da xerencia 22/12/2008 CONSORCIO
Selección de persoal
Anuncio polo que se publica o acordo do Comité Directivo do 18/11/2009 sobre a revisión de oficio das bases de selección de persoal aprobadas por resolución da xerencia do 22/12/2008
O Comité Directivo do Consorcio acordou por maioría absoluta dos seus membros iniciar o procedemento de revisión de oficio das seguintes resolucións da xerencia do Consorcio:
Resolución do 22/12/2008 pola que se aproban as Bases xerais que han de rexer o proceso de selección de persoal laboral fixo do persoal técnico dos Servizos Centrais do Consorcio.
Resolución do 22/12/2008 pola que se aproban as Bases xerais que han de rexer o proceso de selección de persoal laboral fixo das Galescolas.
Resolución do 22/12/2008 pola que se aproban as Bases xerais que han de rexer o proceso de selección como persoal laboral fixo do persoal técnico dos centros de atención ás persoas maiores do Consorcio.
Resolución do 22/12/2008 pola que se aproban as Bases xerais que han de rexer o proceso de selección de persoal laboral fixo do persoal xerocultor e persoal de servizos xerais dos centros de atención ás persoas maiores do Consorcio.
Os interesados no procedemento podrán formular as alegacións que estimen convenientes no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
REPASO DE SUBVENCIÓNS AÍNDA VIXENTES
SUBVENCIÓNS DECEMBRO 2009 Consellería de Traballo e Benestar
Ø AUTOEMPREGO o Iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).Prazo de presentación: Indefinido.DOG Nº 65, do 2 de abril de 2007.
Ø APOIO A COLECTIVOS DESFAVORECIDOS o Subvencións en réxime de concesión directa dirixidas ós traballadores desempregados para facilitar a súa mobilidade xeográfica e a súa participación en accións de formación.
Prazo de presentación: Finalizará o 10 de decembro de 2009.DOG Nº 175, do 7 de setembro de 2009. o Axudas de carácter extraordinario a traballadores afectados por situacións de especial dificultade como consecuencia de procesos de reestruturación de empresas da Comunidade Autónoma de Galicia que supoñan a extinción dos seus contratos.
Prazo de presentación: Un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.DOG Nº 233, do 27 de novembro de 2009. o Cualificación e inscrición como empresas de inserción laboral.
Prazo de presentación: Indefinido.DOG Nº 6, do 9 de xaneiro de 2009.
Ø ESTABILIDADE NO EMPREGO POR CONTA ALLEA
o Axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da seguridade social a traballadores afectados por procesos de reestruturación de empresas.
Prazo de presentación: Indefinido.DOG Nº 200, do 16 de outubro de 2007.
Instituto de Crédito Oficial
Ø LIÑAS DE FINANCIACIÓN o Liña ICO - PEME 2009.Vixencia: Ata o 21 de decembro de 2009 o ata o consumo dos fondos dispoñibles. o Liña ICO - Emprendedores 2009.
Vixencia: Ata o 21 de decembro de 2009 o ata o consumo dos fondos dispoñibles. o Liña ICO - Crecemento Empresarial 2009.
Vixencia: Ata o 21 de decembro de 2009 o ata o consumo dos fondos dispoñibles.
o Liña ICO - Internacionalización 2009.
Vixencia: Ata o 21 de decembro de 2009 o ata o consumo dos fondos dispoñibles.
o Liña ICO - Liquidez PEME.
Vixencia: Ata o 21 de decembro de 2009 o ata o consumo dos fondos dispoñibles.
o Liña ICO - Liquidez medianas empresas.
Vixencia: Ata o 21 de decembro de 2009 o ata o consumo dos fondos dispoñibles.
Instituto Galego de Promoción Económica Ø LIÑAS DE FINANCIAMENTO
o Liña Microempresas 2009.Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2009.DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009.
o Liña PEME Xove 2009.Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2009.DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009.
o Liña PEME Competitiva 2009.Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2009.DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009.
NOVAS DE INTERESE DOG
OFERTA CONCELLO CERVO
ANUNCIO PUBLICADO DO PROGRESO DO 9 DE DECEMBRO.
CONTRATACIÓN DO SEGUINTE PESOAL:
1OFICIAL 1ª ALBANEL. (Os aspirantes deberán estar inscritos no SPE).
O contrato será de relevo.
Prazo de presentación 5 días naturais contados dende día seguinte publicación anuncio.
Bases reitoras: a disposición interesados/as Concello de Cervo.
ENCONTRO COS BOLSEIROS DE PROMCIÓN EXTERIOR
Actualmente, os integrantes dunha nova promoción de Bolseiros de Promoción Exterior están completando a súa formación, ata finais de ano, para incorporarse aos seus destinos exteriores a principios do 2010. De xeito previo, o Igape considera de utilidade ofrecer ás empresas galegas un encontro cos bolseiros.
Este Punto de Encontro cos bolseiros de promoción exterior terá lugar os 15, 16 e 17 de decembro na sede do Igape, no Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.
Cada día estará adicado a un grupo de países, do xeito seguinte:
• Martes, 15 decembro: Grupo 1 (6 bolseiros): Reino Unido, Francia, Portugal, Italia, Ucrania, Letonia-Rusia
• Mércores, 16 decembro: Grupo 2 (4 bolseiros): Brasil, Chile, Colombia, México
• Xoves, 17 decembro: Grupo 3 (4 bolseiros): Singapur, Emiratos Árabes, Marrocos, Bélxica-Países ACP (este último bolseiro estará destinado en Bruselas nun organismo da Unión Europea destinado a apoiar a cooperación con países ACP -África, Caribe e Pacífico-)
Cómpre ter en conta que os bolseiros aínda non teñen coñecemento especializado sobre o mercado ao que irán destinados, polo que se limitarán a recoller as consultas das empresas, ás que irán dando resposta ao longo da súa estancia en destino, contando co apoio do organismo de acollida.

Chúzao
del.icio.us


