Categoría: SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL
OFERTA DE EMPREGO
NO PROGRESO DO DÍA 18 OUTUBRO SAIU O SEGUINTE ANUNCIO:
IMPORTANTE EMPRESA DA MARIÑA LUCENSE NECESITA:
TÉCNICO DE MANTEMENTO
- FORMACIÓN FP II
- RESIDENCIA NA ZONA.
- CAPACIDADE DE TRABALLO EN EQUIPO.
INTERESADOS ENVIAR CV AO APARTADO CORREOS, 57 DE BURELA.
INFORMACIÓN DE INTERESE DOG
CONVOCATORIA CEDEIRA PSICÓLOGO
Cedeira
Convocatoria de contratación laboral temporal dun/dunha psicólogo/a
ANUNCIO
Por Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, de data 13 de outubro de 2009 foron aprobadas as “Bases específicas para a contratación laboral temporal dun/dunha psicólogo/a para o desenvolvemento do servizo de estimulación cognitiva para previr e/ou frear deterioros”, sendo o prazo para a presentación de proposicións, no Rexistro Xeral de Entrada de documentos do Concello de Cedeira, de 6 días naturais dende o seguinte ao do presente anuncio.
Cedeira, 14 de outubro de 2009.
O ALCALDE,
Asdo.: Jose Luis Vergara Rey
OFERTA DE EMPREGO CONCELLO DE SARRIA
16512 Resolución de 6 de octubre de 2009, del Ayuntamiento de Sarria (Lugo), referente a la convocatoria para proveer una plaza. cve: BOE-A-2009-16512 http:// Asimismo, en el «Boletín Oficial de la Provincia de Lugo» número 51, de 4 de marzo de 2009, y en el «Boletín Oficial de la Provincia de Lugo» número 71, de 28 de marzo de 2009, se publican dos correcciones de errores que se advirtieron en dichas bases específicas.El plazo de presentación de solicitudes será de veinte días naturales, contados a partir del siguiente al de la publicación del presente anuncio en el Los sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria serán publicados únicamente en el «Boletín Oficial de la Provincia de Lugo» y el tablón de anuncios de este Ayuntamiento.
Sarria, 6 de octubre de 2009.–El Alcalde-Presidente, Claudio M. Garrido Martínez.
XORNADAS SOBRE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL
A Cámara de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Lugo
organiza unhas xornadas gratuitas sobre xestión medioambiental en
colaboración con Serviguide:
- Día 22 de outubro: Lei de Responsabilidade Medioambiental
- Día 29 de outubro: Residuos Industriais: normativa e xestión.
Máis información:
UPD Lugo.
Cántigas e Frores 31, 27002 Lugo.
Tlf: 982 230015
upd@camaralugo.com
http://upd.camaralugo.com
INFORMACIÓN DOG E BOP
SELECCIÓN DE PERSOAL LISTAXES DE AGARDA CONSORCIO
Selección de persoal
Resolución da Xerencia do Consorcio pola que se abre, con carácter urxente, o prazo de presentación de solicitudes para a ampliación das listaxes de agarda para a cobertura temporal de postos de traballo deste consorcio
O Comité Directivo do Consorcio aprobou, na sesión ordinaria de 3 de marzo de 2008 (DOG nº 57, 25 de marzo de 2008), as Bases Xerais do procedemento de elaboración das listaxes de agarda para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do Consorcio.
Segundo o previsto no artigo 10.3 das anteditas bases, a xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dita a resolución de 6 de outubro de 2009 pola que se abre, con carácter extraordinario e urxente, un prazo para a presentación de solicitudes para a ampliación das listaxes de agarda para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do Consorcio nas seguintes categorías e ámbitos territoriais:
Educadores/as infantís da provincia da Coruña.
Educadores/as infantís da provincia de Lugo.
Educadores/as infantís da provincia de Ourense.
Educadores/as infantís da provincia de Pontevedra.
Xerocultores/as da provincia da Coruña.
Xerocultores/as da provincia de Lugo.
Xerocultores/as da provincia de Ourense.
Xerocultores/as da provincia de Pontevedra.
Enfermeiros/as da provincia de Ourense.
Terapeutas ocupacionais da provincia de Ourense.
Terapeutas ocupacionais da provincia de Lugo.
As persoas seleccionadas nesta convocatoria incorporaranse ás listaxes de orixe confeccionadas ao abeiro da resolución da presidencia do Consorcio de 13 de marzo de 2008, na categoría e ámbito territorial que corresponda en cada caso, a continuación do último/a compoñente da mesma.
O prazo de presentación das instancias é de 10 días naturais desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.
Data de publicación: 15/10/2009
Poderán solicitar máis información sobre a presente convocatoria no teléfono 981 938 497 en horario de 9 a 14 e de 16 a 19 de luns a xoves e de 8 a 15 os venres.
XORNADA DE PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO COOPERATIVISMO NA PONTENOVA
DATA: 30 OUTUBRO ÁS 1700 HORAS.
LUGAR: CASA DA CULTURA (SALÓN DE ACTOS)
INSCRICIÓN GRATUITA.
CONTACTO INSCRICIÓN:
CONCELLO DA PONTENOVA
TFNO: 982342277
E-MAIL: laura.garcia.apontenova@eidolocal.es
EDESGA
TFNO: 881927901
E-MAIL: edesga@edesga.com
OFERTA DE EMPREGO
SE NECESITA: Monitor para actividade extraescolar “ XOGOS COA MÚSICA”: todo tipo de actividades e xogos psicomotrices con acompañamento musical, pequenos bailes e aprendizaxe de cancións, creación de instumentos musicais sinxelos con material de refugallo, relaxación a través da música, etc. Actividade dirixido a nenos/as de educación infantil e 1º de primaria (grupo máximo de 15 nenos/as) Horario: mércores de 4 a 5:30 Lugar: CEIP Santa Rita de Galdos Perfil do/a monitor/a: infantil ou primaria, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Tec. Aux de Infantil, etc. Idade: entre 20 a 35 anos. actividades relacionadas co xogo e pequenas manualidades. Contratación: farase contrato formal por horas e período lectivo. Todas as actividades extaescolares formalizadas pola nosa empresa presentan a maiores o seguro de responsabilidade civil. Posibilidade de aumentar contrato con outras actividades compatibles que se poidan facer pola zona. Contacto: Sonia García Varela (coordinadora do proxecto Aldebarán de COESCO) PROCESO DE SELECCIÓN PECHADO

Chúzao
del.icio.us

