Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: INFORMACIÓN PARA EMPRESAS

AXUDAS INVESTIMENTOS TRANFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN PRODUTOS PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

viveiro 06/05/2008 @ 08:33

Orde do 24 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convocan para o exercicio 2008.

III DÍA GALEGO DO EMPRENDEDOR

viveiro 29/04/2008 @ 14:35

III DÍA GALEGO DO EMPRENDEDOR
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2008 (Palacio de Congresos)
  
O Instituto Galego de Promoción Económica e BIC Galicia, organismos dependentes da
Consellería de Economía e Facenda, están a rematar os preparativos para a que será a
terceira edición do Día Galego
do Emprendedor. O evento reunirá o vindeiro 15 de maio a emprendedores e empresarios
de toda Galicia no Palacio de Congresos de Santiago.
  
A xornada enmárcase na campaña nacional “Emprendemos Xuntos” da Dirección Xeral de
Política da PEME do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Esta terceira
edición estase a desenvolver baixo o
lema “A túa idea, a túa empresa”.  
  
O III Día Galego do Emprendedor abordará asuntos relacionados coa formación, a
motivación e o financiamento para a creación de empresas, así como temáticas como os
novos modelos de negocio que se
abren para os futuros emprendedores en xeral e no contorno galego en particular,
entre eles os que achegan as novas tecnoloxías, a internet ou o software libre.
 
Inscricións (
http://www.diaemprendedor.com/oficinas-territoriais/2.html )
 
Máis información www.diaemprendedor.com
 

CONCURSO PÚBLICO CONTRATACIÓN SERVIZO RESTAURACIÓN, MANTEMENTO E LIMPEZA CAMPAMENTO AREA

viveiro 29/04/2008 @ 08:29


 


Resolución do 1 de abril de 2008, da

Delegación Provincial de Lugo, pola que

se anuncia concurso público e procedemento

aberto, para a contratación do servizo

de restauración, mantemento e limpeza

de varias instalacións xuvenís da

provincia de Lugo.

Programa para promoción emprego autónomo

viveiro 28/04/2008 @ 08:11

Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Encontro cos CENTROS DE PROMOCIÓN DE NEGOCIOS no exterior

viveiro 28/04/2008 @ 07:55

Punto de encontro cos CPNs do Igape no exterior
 
Os vindeiros 12 a 16 de maio de 2008, estarán en Santiago os directores dos centros
de promoción de negocios (CPN) do Igape en Alemaña, China, EE.UU., Polonia e Xapón.
Durante eses días, está previsto que se manteñan entrevistas individualizadas cos
empresarios galegos que estean interesados neses mercados.
Ademais, si así o solicitan, tamén poderán recibir información sobre as axudas e
outros servizos de apoio á internacionalización que presta o Igape.
 
Para máis información poden chamar aos teléfonos  902 300903 ou 981 541127 
 
O lugar en que terán lugar as entrevistas será a sede do IGAPE, no Complexo
Administrativo de San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela.
 

www.igape.es

AXUDAS AO FOMENTO DE SISTEMAS DE PRODUCIÓN RAZAS GANDEIRAS AUTÓCTONAS

viveiro 24/04/2008 @ 09:15

Orde do 18 de abril de 2008 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas destinadas ao fomento en Galicia de sistemas de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, e se convocan para 2008.

Programa Activa

viveiro 22/04/2008 @ 08:17

Traballo lanza o Programa Activa cunha liña de axudas específica para fomentar a contratación de 4.000 desempregadas

  • Esta iniciativa forma parte do ?Plan Aurora de Emprego Feminino?, posto en marcha pola Consellería de Traballo
  • O departamento que dirixe Ricardo Varela concede axudas á contratación indefinida inicial e axudas para a transformación de contratos doutras modalidades en indefinidos
  • As empresas interesadas poden solicitar estas subvencións ata o 15 de setembro deste ano

Lugo, 21 de abril de 2008.- O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, anunciou hoxe a posta en marcha do Programa Activa, cunha liña de subvencións específica para potenciar a contratación de 4.000 mulleres desempregadas. Este programa inclúe medidas de formación, orientación, e de mellora da ocupabilidade, así como incentivos á contratación. Para este último apartado, o departamento que dirixe Ricardo Varela xestionará un presuposto de máis de 16 millóns de euros ao longo de 2008. O conselleiro facilitou esta información con motivo da súa participación na inauguración das II Xornadas sobre cuestións xurídico-laborais e de Seguridade Social de actualidade, organizadas polo Consello Galego de Relacións Laborais, en colaboración coa Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo.

A finalidade do Programa Activa é incrementar a participación das mulleres no mercado laboral, incorporando ás inactivas e ás paradas ao mesmo, de cara a achegar o índice de mulleres afiliadas a un nivel similar ao dos homes. Neste programa establécense as medidas que teñen como obxectivo a incorporación de mulleres inactivas e paradas ao mercado laboral.

Cómpre sinalar que este programa está incluído no Plan Aurora de Emprego Feminino, posto en marcha pola Consellería de Traballo o pasado mes de febreiro. Entre os retos deste plan figuran promover a incorporación de máis mulleres ao mercado laboral, incrementar a calidade do emprego feminino, incorporar mulleres a profesións nas que están subrepresentadas e garantir a igualdade na negociación colectiva.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado mércores 16 de abril a orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres, como medida para lograr un mercado de traballo igualitario.

A través desta orde a Consellería de Traballo establece axudas ás contratacións indefinidas iniciais e axudas á transformación en indefinidos de contratos doutra modalidade (temporais, para a formación, en prácticas, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade), sempre que a muller sexa maior de 31 anos.

No caso das contratacións indefinidas o importe da subvención será de 7.500 euros, cando se contrate a desempregadas incluídas nalgún dos colectivos anteriores. No suposto de que non pertenza a ningún dos colectivos, a axuda será de 2.000 euros, agás no caso das desempregadas que procedan de empresas en crise, cando o importe será de 7.500 euros. Por outro lado, a transformación de contratos doutra modalidade en indefinidos incentivarase cunha axuda de 3.000 euros.

A convocatoria deste tipo de axudas responde ao obxectivo de integrar o principio de igualdade na política de emprego da Xunta de Galicia. Neste senso, este documento recolle o establecemento de medidas de discriminación positiva en favor do sexo menos representado no mercado laboral.

No marco das políticas activas de emprego promovidas polo Goberno galego, os incentivos á contratación por conta allea configúranse como un instrumento para facilitar o acceso e permanencia no emprego aos colectivos de traballadores con maiores dificultades. Ademais, supoñen unha ferramenta para fomentar a estabilidade laboral das novas contratacións e dos cadros de persoal das empresas de Galicia.

Tal e como se recolle no texto da orde, na programación de incentivos para o presente ano, o colectivo feminino segue a ser un dos grupos especialmente atendidos no conxunto de axudas á contratación indefinida. A finalidade é poñer a disposición das mulleres galegas medidas activas que favorezan a súa inserción no mercado de traballo, a súa representación equilibrada en todas as profesións e sectores de actividade, así como unha maior participación na taxa de actividade e de ocupación.

Destinatarias das axudas
O colectivo destinatario destas axudas son as mulleres maiores de 31 anos, rexistradas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego e sempre que se atopen nalgunha das seguintes circunstancias: mulleres desempregadas de longa duración; desempregadas titulares de familias monoparentais, que teñan cargas familiares; paradas de unidades familiares nas cales ningún dos seus membros en idade laboral obteña rendas superiores ao 75% do IPREM (Índice Público de Renda a Efectos Múltiples).

Tamén se consideran destinatarias desta liña de subvencións as mulleres que sexan contratadas en profesións ou ocupacións nas que se atopen subrepresentadas, paradas que se reincorporen ao mercado de traballo tras unha ausencia prolongada dun mínimo de dous anos e as mulleres que sexan contratadas nos 24 meses seguintes a ser nais.

Ademais, tamén será subvencionable a contratación de desempregadas demandantes de primeiro emprego, emigrantes retornadas, así como aquelas demandantes de emprego que rematen o seu itinerario personalizado de inserción laboral nunha ocupación e sexan contratadas nesta.

Beneficiarios dos incentivos
Os destinatarios deste programa de axudas son as empresas que contraten por conta allea ás traballadoras pertencentes a estes colectivos. Tamén están incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica.
Cómpre destacar que non poderán ser beneficiarias destes incentivos as administracións públicas e as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes destas.

Prazo de presentación
As entidades interesadas en acollerse a este tipo de subvencións poderán solicitalas nos dous meses seguintes á data na que se inicie a relación laboral, pero o prazo de admisión de solicitudes remata o 15 de setembro. Cómpre sinalar que aquelas contratacións que se fixeran dende o 16 de setembro de 2007 ata hoxe deberán presentar a solicitude antes do vindeiro 31 de maio deste ano.

As empresas interesadas poden consultar información e descargar as solicitudes e os anexos deste programa de axudas na páxina web da Consellería de Traballo (http://traballo.xunta.es).

CONCURSO PÚBLICO ABERTO PARA ADXUDICACIÓN OBRAS REFORMA CAMPAMENTO A DEVESA RIBADEO

viveiro 21/04/2008 @ 08:43

Resolución do 31 de marzo de 2008 pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite ordinario, para a adxudicación das obras de reforma do pavillón de actividades, urbanización xeral da parcela e melloras das instalacións do campamento xuvenil A Devesa en Ribadeo (Lugo).

 

APOIO FINANCEIRO AOS INVESTIMENTOS DAS PEMES DE GALIZA

viveiro 21/04/2008 @ 08:40

Resolución do 15 de abril de 2008 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro das liñas ICO 2008, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras.

INCENTIVOS CONTRATACIÓN INDEFINIDA MULLERES

viveiro 16/04/2008 @ 08:19

Orde do 11 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.