CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Resolución do 28 de setembro de 2009, da
Secretaría Xeral para o Deporte, pola que
se amplía o prazo de presentación da documentación
de xustificación establecido na
Orde do 13 de marzo de 2009 pola que se
regula o réxime de concesión de subvencións
aos concellos de Galicia de menos de
10.000 habitantes para o desenvolvemento
de actividades deportivas no ano 2009, e se
procede á súa convocatoria.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Orde do 29 de setembro de 2009, de modificación
do artigo 17 do anexo I da orde
da Consellería de Innovación e Industria,
do 31 de decembro de 2008 ( Diario Oficial
de Galicia do 17 de febreiro de 2009), pola
que se establecen as bases reguladoras
para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, das subvencións aos/ás
titulares de obradoiros artesanais para
actuacións de fomento e desenvolvemento
do sector artesanal galego, no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia, e se
procede á súa convocatoria para o ano
2009. (Código de procedemento IN201G).
CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Corrección de erros.-Orde do 23 de setembro
de 2009 pola que se aproba a convocatoria
de subvencións para o financiamento
de plans de formación intersectoriais dirixidos
prioritariamente a persoas traballadoras
ocupadas mediante a subscrición de
convenios de ámbito autonómico, en aplicación
da Orde TAS/718/2008, do 7 de
marzo, pola que se desenvolve o Real decreto
395/2007, do 23 de marzo, polo que se
regula o subsistema de formación profesional
para o emprego, en materia de formación
de oferta e se establecen as bases reguladoras
para a concesión de subvencións
públicas destinadas ao seu financiamento.
Resolución do 18 de setembro de 2009
pola que se lles dá publicidade ás axudas
concedidas ao abeiro da Orde do 30 de
decembro de 2008, pola que se convocan
axudas para o fomento e consolidación
das asociacións de cooperativas.