Categoría: INFORMACIÓN PARA EMPRESAS
REGULACIÓN CONCESIÓN AXUDAS PREVIAS Á XUBILACIÓN ORDINARIA TRABALLADORES/AS AFECTOS/AS POR PROCESOS REESTRUTURACIÓN EMPRESAS
Orde do 10 de novembro de 2008 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas previstas no Decreto 106/1994, do 21 de abril, da Xunta de Galicia, e na Orde do 5 de outubro de 1994, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, pola que se regula a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social, a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas, convocadas pola Orde do 12 de xuño de 2008.
AXUDAS DESTINADAS AO FOMENTO SISTEMAS DE PRODUCIÓN RAZAS GANDEIRAS AUTÓCTONAS
Orde do 13 de novembro de 2008 pola que se modifica a Orde do 18 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril) pola que se convocan as axudas destinadas ao fomento en Galicia de sistema de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos para o ano 2008.
update 08 Galiza Two.
Liñas financiamento circulante, refinanciamento pasivos e ampliación capital social.
IG162 - LIÑA 1- PROGRAMA DE APOIO AO CIRCULANTE
INFORMACIÓN DE INTERESE PEQUENO COMERCIANTE E PEMES EN XERAL
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN
E INDUSTRIA
Resolución do 13 de outubro de 2008 pola
que se lles dá publicidade ás axudas concedidas
ao abeiro da Orde do 27 de marzo
de 2008 pola que se establecen as bases
reguladoras e se procede á convocatoria de
subvencións, en réxime de concorrencia
competitiva, a pequenos comerciantes ou
promotores de comercios no rural que se
adhiran á Rede de comercio rural galego
(Diario Oficial de Galicia número 68, do
9 de abril).
INSTITUTO GALEGO DE
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Resolución do 4 de novembro de 2008
pola que se lle dá publicidade ao acordo
do Consello de Dirección do Instituto
Galego de Promoción Económica, que
aproba as bases reguladoras das liñas de
apoio ao acceso e adecuación do financiamento
das pequenas e medianas empresas,
instrumentadas mediante convenio de
colaboración entre o Instituto Galego de
Promoción Económica, as sociedades de
garantía recíproca e as entidades financeiras
adheridas.
MISIÓN EMPRESARIAL GALEGA A CUBA
MISIÓN EMPRESARIAL GALEGA A CUBA. DO 1 AO 5 DE DECEMBRO DE 2008
A Consellería de Economía e Facenda, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), convoca a Misión Empresarial Galega a Cuba, que se celebrará do 1 ao 5 de decembro de 2008.
Son obxectivos fundamentais desta misión empresarial a información e detección de oportunidades de negocio, o establecemento de alianzas comerciais e tecnolóxicas, así como a realización de investimentos.
Os empresarios participantes disporán dunha axenda de reunións con empresas e institucións cubanas.
Máis información e inscricións
www.igape.es
SUBVENCIÓNS FINANCIAMENTO PLANS DE FORMACIÓN TRABALLADORES
Orde do 24 de outubro de 2008 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Chúzao
del.icio.us

