Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: INFORMACIÓN PARA AS ENTIDADES LOCAIS E SEN ANIMO DE LUCRO

INFORMACIÓN DE INTERESE DOG E BOE 20 NOV

viveiro 20/11/2009 @ 10:44
CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 17 de novembro de 2009 pola que
se modifican as ordes do 23 de febreiro de
2009, do 8 de febreiro de 2008 e do 19 de
febreiro de 2007, polas que se establecen as
bases polas que se rexerá a concesión de
subvencións a entidades de iniciativa social
para investimento, mantemento e promoción
de actividades e programas de servizos
sociais e se procede á súa convocatoria.
Disponible aquí en formato PDF

MINISTERIO DE TRABAJO E INMIGRACIÓN

Resolución de 12 de noviembre de 2009, de la Dirección General de Trabajo, por la que se publica la relación de fiestas laborales para el año 2010.
Disponible aquí en formato PDF

NOVAS DE INTERESE NO DOG 18 NOV

viveiro 18/11/2009 @ 13:16
E INDUSTRIA
Orde do 6 de novembro de 2009 de modificación
dos artigos 4º.1 e 17º.1 do anexo
I da orde da Consellería de Innovación
e Industria, do 31 de decembro de 2008
( Diario Oficial de Galicia do 19 de febreiro
de 2009), pola que se establecen as
bases reguladoras e se procede á convocatoria
de subvencións, en réxime de concorrencia
competitiva, a pequenos comerciantes
ou promotores de comercios no
rural que se adhiran á Rede de Comercio
Rural Galego (código de procedemento
IN224A).
Disponible aquí en formato PDF

Orde do 10 de novembro de 2009 pola que
se modifica o artigo 6 do anexo III da
Orde do 24 de xuño de 2009 ( Diario Oficial
de Galicia do 6 de xullo) pola que se
establecen as bases para a convocatoria,
en réxime de concorrencia competitiva,
das subvencións correspondentes aos programas
sectoriais de investigación aplicada,
PEME I+D e I+D Suma do Plan
Galego de Investigación, Desenvolvemento
e Innovación Tecnolóxica (Incite), e se
procede á súa convocatoria para o ano
2009.
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 11 de novembro de 2009 pola que
se fai pública a ampliación e a modificación
dos importes existentes para a concesión
das axudas previstas na orde da Consellería
de Traballo do 30 de decembro de
2008, pola que se establecen as bases
reguladoras das axudas e subvencións
para os programas de escolas obradoiro e
casas de oficios, de obradoiros de emprego
e de unidades de promoción e desenvolvemento.
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 12 de novembro de 2009 pola que
se amplía o prazo para a execución das
axudas da Orde do 4 de xuño de 2009
pola que se establecen as bases reguladoras
das axudas destinadas ás explotacións
gandeiras, industrias agroalimentarias e
establecementos de xestión de subprodutos
para a mellora da capacidade técnica de
xestión de subprodutos de orixe animal
non destinados ao consumo humano, e se
convocan para o ano 2009.
Disponible aquí en formato PDF

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN
DA IGUALDADE DO HOME
E DA MULLER
Resolución do 12 de novembro de 2009
pola que se modifica a do 13 de marzo de
2009 pola que se regulan as bases para a
concesión de axudas periódicas de apoio a
mulleres que sofren violencia de xénero e
se procede á súa convocatoria.
Disponible aquí en formato PDF

NOVAS DE INTERESE NO DOG DE HOXE

viveiro 17/11/2009 @ 13:37
CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 13 de novembro de 2009 pola que
se aproba a convocatoria para a concesión
de subvencións públicas destinadas á realización
de accións de apoio e de acompañamento
á formación, de ámbito autonómico,
correspondentes ao exercicio do ano 2009,
en aplicación da Orde TIN/2805/2008, do
26 de setembro, pola que se desenvolve o
Real decreto 395/2007, do 23 de marzo,
polo que se regula o subsistema de formación
profesional para o emprego en materia
de accións de apoio e acompañamento á
formación e se establecen as bases reguladoras
para a concesión de subvencións
públicas destinadas ao seu financiamento.
Disponible aquí en formato PDF

NOVAS DE INTERESE NO DOG

viveiro 11/11/2009 @ 13:12
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
Resolución do 2 de novembro de 2009, da
Secretaría Xeral da Emigración, pola que
se modifica a Resolución do 29 de maio de
2009, pola que se regulaba a concesión,
en réxime de concorrencia competitiva, de
subvencións a concellos, mancomunidades
de concellos e consorcios locais, para a
realización de programas destinados a
favorecer os procesos de integración da
poboación inmigrante extracomunitaria
na Comunidade Autónoma galega durante
o ano 2009.
Disponible aquí en formato PDF

Resolución do 5 de novembro de 2009, da
Secretaría Xeral da Emigración, pola que
se modifica a Resolución do 29 de maio de
2009, pola que se regulaba a concesión, en
réxime de concorrencia competitiva, de subvencións
a concellos, mancomunidades de
concellos e consorcios locais, para a realización
de programas destinados a favorecer
os procesos de acollida da poboación retornada
e inmigrante na Comunidade Autónoma
galega durante o ano 2009.
Disponible aquí en formato PDF

NOVAS DE INTERESE DOG 10 NOVEMBRO

viveiro 10/11/2009 @ 13:39
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
Resolución do 26 de outubro de 2009 pola
que se resolve a Orde do 2 de febreiro de
2009 ( Diario Oficial de Galicia número
23, do 3 de febreiro), pola que se regula
a concesión de axudas a concellos de
Galicia para compensar os danos sufridos
en instalacións deportivas de titularidade
pública polos efectos do temporal acaecido
en Galicia os días 23 e 24 de xaneiro de
2009.
Disponible aquí en formato PDF

NOVAS DE INTERESE DOG 9 NOVEMBRO

viveiro 10/11/2009 @ 08:12
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Orde do 2 de novembro de 2009, da Secretaría
Xeral da Consellería de Economía e
Industria, pola que se amplía a dotación
orzamentaria da Orde do 18 de xuño de
2009, pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión, en réxime
de concorrencia competitiva, de subvencións
a empresas galegas para a adquisición
de equipamento industrial e se procede
á súa convocatoria (procedemento
IN530B).
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 3 de novembro de 2009 pola que
se fai pública a ampliación da dotación
orzamentaria para a concesión das axudas
establecidas nas ordes de convocatoria
para o ano 2009 reguladoras dos programas
para a promoción do emprego autónomo
e de integración laboral das persoas
con discapacidade en centros especiais de
emprego e na empresa ordinaria, cofinanciados
polo Fondo Social Europeo.
Disponible aquí en formato PDF

Resolución do 13 de outubro de 2009 pola
que se procede á publicación das subvencións
concedidas en virtude da Orde do 20
de xaneiro de 2009 pola que se establecen
as bases reguladoras para a concesión, en
réxime de concorrencia competitiva, de
subvencións a entidades de iniciativa
social, para o desenvolvemento de programas
que contribúan a fomentar a inclusión
social e a integración no mercado de
traballo das persoas en situación ou risco
de exclusión social.
Disponible aquí en formato PDF

NOVAS DE INTERESE NO DOG DO 6 NOV

viveiro 06/11/2009 @ 16:23
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Resolución do 29 de outubro de 2009, da
Secretaría Xeral para o Deporte, pola que
se convocan subvencións a concellos de
Galicia, en réxime de concorrencia competitiva,
para a adquisición de equipamentos
deportivos.
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 2 de novembro de 2009 pola que
modifica a Orde do 3 de febreiro de 2009
pola que se establecen as bases que rexen
as axudas destinadas a entidades sen ánimo
de lucro para a realización de programas
de apoio a familias monoparentais e
se procede á súa convocatoria.
Disponible aquí en formato PDF

NOVAS DE INTERESE DOG 4 NOV

viveiro 05/11/2009 @ 11:34


CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
Resolución do 15 de outubro de 2009, da
Secretaría Xeral para o Deporte, pola que
se fai pública a lista de beneficiarios ao
abeiro da Orde do 13 de marzo de 2009,
pola que se regula o réxime de concesión
de subvencións aos concellos de Galicia de
menos de 10.000 habitantes para o desenvolvemento
de actividades deportivas no
ano 2009.
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Resolución do 1 de outubro de 2009 pola
que se dá publicidade ás axudas concedidas
ao abeiro da Orde do 31 de decembro
de 2008, pola que se aproban as bases
reguladoras e se procede á convocatoria
para o ano 2009, en réxime de concorrencia
competitiva, das subvencións ás asociacións
profesionais de artesáns cuxo ámbito
de actuación se desenvolva na Comunidade
Autónoma de Galicia, para o fomento
do sector artesanal galego (Diario Oficial
de Galicia número 33, do 17 de febreiro).
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 28 de outubro de 2009 pola que
se fai pública a ampliación dos importes
existentes para a concesión das axudas
previstas na Orde do 29 de decembro de
2008 pola que se establecen as bases que
regulan, para o exercicio do ano 2009, as
axudas e subvencións para o fomento do
emprego a través dos programas de cooperación,
e se procede á súa convocatoria.
Disponible aquí en formato PDF

Orde do 29 de outubro de 2009 pola que se
fai pública a ampliación da dotación orzamentaria
para a concesión das axudas
establecidas nas ordes de convocatoria
para o ano 2009 reguladoras dos programas
para a promoción do emprego autónomo
e de integración laboral das persoas
con discapacidade en centros especiais de
emprego e na empresa ordinaria, cofinanciados
polo Fondo Social Europeo.
Disponible aquí en formato PDF

NOVAS DE INTERESE DOG

viveiro 29/10/2009 @ 13:52
CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 2 de outubro de 2009 pola que se
establece o procedemento de aboamento de
cotas á Seguridade Social a traballadores
e traballadoras que percibisen a prestación
por desemprego na súa modalidade de
pagamento único e se procede á convocatoria
das correspondentes axudas.
Disponible aquí en formato PDF

Orde do 28 de setembro de 2009 pola que
se amplía o prazo de presentación da
documentación de xustificación establecido
na Orde do 11 de xuño de 2009 pola
que se establecen as bases que rexen as
subvencións destinadas a entidades locais
de Galicia para a realización de actividades
dirixidas á xuventude, para a promoción
da información xuvenil e para a
incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías
durante o ano 2009, e se procede
á súa convocatoria.
Disponible aquí en formato PDF

Orde do 13 de outubro de 2009 pola que
se aproban as bases reguladoras para a
concesión de axudas dentro do Programa
de apoio ás traballadoras e traballadores
afectados por expedientes de suspensión de
contratos do sector téxtil e da confección,
e se efectúa a súa convocatoria para o
exercicio 2009.
Disponible aquí en formato PDF

Orde do 26 de outubro de 2009 pola que se
aproba a convocatoria de subvencións para o
financiamento de plans de formación sectoriais
dirixidos prioritariamente a persoas
traballadoras ocupadas mediante a subscrición
de convenios de ámbito autonómico, en
aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de
marzo, pola que se desenvolve o Real decreto
395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula
o subsistema de formación profesional
para o emprego, en materia de formación de
oferta e se establecen as bases reguladoras
para a concesión de subvencións públicas
destinadas ao seu financiamento.
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE CULTURA
E TURISMO
Orde do 16 de outubro de 2009 pola que
se modifica a Orde do 1 de abril de 2009
pola que se establecen as bases reguladoras
para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, de subvencións a asociacións,
fundacións e entidades culturais
sen ánimo de lucro para o equipamento e
mellora dos seus locais, e se procede á súa
convocatoria para o ano 2009.
Disponible aquí en formato PDF

Resolución do 24 de agosto de 2009 pola
que se lles dá publicidade aos beneficiarios
das axudas concedidas para a conservación
e a restauración de bens do patrimonio
etnográfico de Galicia.
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Resolución do 5 de outubro de 2009, da
Dirección Xeral de Conservación da Natureza,
pola que se lles dá publicidade aos
beneficiarios das axudas concedidas ao
abeiro da Orde do 19 de decembro de
2008 pola que se establecen as bases reguladoras
para a concesión de axudas a
entidades colaboradoras de pesca fluvial
para o fomento da riqueza piscícola e se
convocan para o ano 2009.
Disponible aquí en formato PDF

NOVAS DE INTERESE NO DOG

viveiro 26/10/2009 @ 13:40
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
Resolución do 15 de outubro de 2009, da
Dirección Xeral de Administración Local,
pola que se procede á publicación de subvencións
concedidas en virtude da Orde do
26 de decembro de 2008, pola que se
anuncian axudas económicas destinadas
a subvencionar a realización de infraestruturas
de uso público en ámbitos urbanos
e rurais por parte dos concellos de
Galicia.
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Resolución do 23 de setembro de 2009
pola que se dá publicidade ás axudas concedidas
ao abeiro da Orde do 19 de febreiro
de 2009 pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión das axudas
encamiñadas á habilitación e mellora de
infraestruturas nos parques empresariais e
recintos de localización preferente de
empresas na Comunidade Autónoma de
Galicia, en réxime de concorrencia competitiva,
e se procede á súa convocatoria
para o ano 2009 (IN519B) ( Diario Oficial
de Galicia número 41, do 27 de febreiro).
Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE SANIDADE
Corrección de erros.-Orde do 29 de setembro
de 2009 pola que se regula a concesión
de subvencións ás entidades locais da
Comunidade Autónoma de Galicia para o
mantemento de puntos de atención continuada
e zonas especiais de urxencias que
funcionen en centros de saúde de titularidade
municipal.
Disponible aquí en formato PDF