Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: FORMACIÓN

CURSO DO PLAN FIP TRABALLADOR FORESTAL

viveiro 16/07/2007 @ 09:25

CURSO DO PLAN FIP DE “TRABALLADOR FORESTAL” A NIVEL NACIONAL A IMPARTIR NO CENTRO NACIONAL DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DE SANTIAGO.

 Curso: TRABALLADOR FORESTAL.

Datas: 24 de setembro a 30 de novembro de 2007

Duración: 48 días.

Horas lectivas: 340

Horario: De 9 a 13 e de 15 a 18 horas.

Destinatarios: Desempregrados/as inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, preferíbelmente con coñecementos ou experiencia na área agraria/forestal.

Obxectivo xeral: Desenvolver e executar os procesos de implatación, mantemento e aproveitamento das explotacións forestais. 

TRÁMITES: SOLICITUDES: poderánse recoller no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Viveiro ou descargar dende a seguinte páxina web:http://traballo.xunta.es/web/pdf/sxfo/prog/fip/can/2007/Mod_Sol_2007.pdf/ 

PRAZO DE INSCRICIÓN:

Ata 30 días antes do inicio do curso. 

CONDICIÓNS DE ACCESO:

-         Estar desempregado/a e inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego.

-         Non padecer defecto físico que impida o normal desenvolvemento da profesión.-         Valórase experiencia na área forestal.

 SELECCIÓN: 

-         Valoración das solicitudes con todos os datos aportados.

 DOCUMENTACIÓN: 

-         A que se especifica na solicitude. 

INFORMACIÓN: -         Tfno.981563133-         Fax: 981563039-         CENTRO NACIONAL DE FORMACIÓN OCUPACIONAL-         Rúa San Paio do Monte s/n-         15898 SANTIAGO DE COMPOSTELA. 

PUBLICACIÓN LISTA ADMITIDOS:

 -         20 días antes do inicio do curso no taboleiro de anuncios do Centro e na páxina web:-         http://traballo.xunta.es/web/pdf/sxfo/prog/fip/can/2007/listado_admitidos.pdf/ 

LEXISLACIÓN:

-         Real Decreto 395/2007, do 23 de marzo (BOE nº87, de 11 de abril)-         Son cursos gratuítos e pertencen ao Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (F.I.P.).-         Os alumnos/as que cumpran os requisitos establecidos na Orden TAS/3868/2006 do 20 de decembro (BOE Nº304, de 21 de decembro), poderán solicitar as axudas establecidas na mesma.

Programción curso topografía xullo C.F.O. Viveiro

viveiro 11/06/2007 @ 11:48

ESPECIALISTA   EN TOPOGRAFÍA   ELECTRÓNICA

DATOS XERAIS DO CURSO:

FAMILIA PROFESIONAL:   EDIFICACIÓN E OBRAS PÚBLICAS
ÁREA PROFESIONAL:
   TÉCNICAS AUXILIARES
CÓDIGO:
  EOTA31

OBXECTIVO XERAL: 

Unha vez rematado o curso, os alumnos deberán estar capacitados para realizar traballos de topografía mediante o uso dos equipos electrónicos, e das técnicas e tecnoloxías máis avanzadas que se esteán impoñendo nesta ocupación.

 REQUISITOS DE ACCESO DO ALUMNO: 

Nivel académico ou de coñementos xerais: FP1 ou FP2 de Delineación, BUP,  e estudos similares ou superiores.

Nivel profesional ou técnico : Experiencia na ocupación, ou coñecementos relativos á mesma por  realizar un curso ocupacional de Auxiliar Técnico Topógrafo ou outra formación equiparábel.

Condicións físicas :Ningunha en especial, salvo aquelas que impidan o normal desenvolvementoo da profesión.


 

RELACIÓN SECUENCIAL DE MÓDULOS FORMATIVOS:

  • Manexo do equipo electrónico de campo.
  • Manexo do equipo electrónico de gabinete.
  • Levantamento de poligonales con equipo electrónico.
  • Realización de taquimétricos con equipo electrónico.
  • Construción de perfís con equipo electrónico.
  • Sensibilización Ambiental (Módulo transversal - 9 horas)
  • Formación para a Igualdade (Módulo transversal - 5 horas)


 

DURACIÓN

Prácticas ......................   155 horas
Contidos teóricos ....     79 horas
Evaluacións ...............     30 horas
Duración total ...........   264 horas                                                         

PROGRAMA CURSO FIP XULLO DESEÑO E MODIFICACIÓN DE PLANOS

viveiro 11/06/2007 @ 11:40

DESEÑO E MODIFICACIÓN DE PLANOS  EN  2D  Y  3D

DATOS XERAIS DO CURSO:

FAMILIA PROFESIONAL: SERVIZOS ÁS EMPRESAS

ÁREA PROFESIONAL: DESEÑO

CÓDIGO: EMDI02

OBXECTIVO XERAL :

O alumno chegará a dominar a creación e o modificado de diferentes planos a través dun programa de deseño. O programa que se utilizará é AUTOCAD, e os planos procedentes de CYPECAD e outros.

REQUISITOS DE ACCESO DO ALUMNO :

Nivel académico ou de coñecementos xerais: FP-II ou Ciclos de Delineación e similares, Diplomaturas e/ou Licenciaturas Técnicas.

Nivel profesional ou técnico: Precísanse coñecementos técnicos ou experiencia profesional previa específica sobre debuxo técnico .

Condicións físicas: Ningunha en especial, salvo aquelas que impidan o normal desenvolvemento da profesión

RELACIÓN DE MÓDULOS FORMATIVOS :

  Programa informático de deseño en 2D e 3D (180 horas).

  Sensibilización ambiental (9 horas).

  Formación para a igualdade (5 horas).

 DURACIÓN :

Prácticas .............................114 h.

Contidos teóricos .............70 h.

Evaluacións ........................10 h.

Total ......................194 h.                                            

Cursos FIP en Viveiro

viveiro 27/04/2007 @ 12:00

Están programados os seguintes cursos FIP no concello de Viveiro:

Auxiliar de Axuda a Domicilio (460 horas) código SPAS30 no Centro Fundación Municipal para o Emprego. Concello de Viveiro.

Mantedor Reparador de edificios ( 585 horas) código EOXX02 no Centro Fundación Municipal para o Emprego. Concello de Viveiro.

Se estás interesado/a  ou queres máis información pónte en contacto nos seguintes teléfonos: 982560153//982560128

Celador Sanitario (264 horas) código SACA10 no Instituto de Formación e Estudos Sociais (IFES) de Viveiro

Auxiliar de Enfermería en Xeriatría (599 horas) código SACA30 no Instituto de Formación e Estudos Sociais (IFES) de Viveiro.

Se estás interesado/a ou queres máis información chama ao seguinte teléfono: 982577171.

CURSOS DO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL

viveiro 26/04/2007 @ 15:09

A continuación expoñemos a relación de cursos que se van impartir proximamente no Centro de F.O. de Viveiro incluídos no plan nacional de formación e inserción profesional:

1.Deseño e modificación de planos 2D e 3D (194 horas) código: EMDI02

2. Especialista en topografía electrónica (305 horas) código: EOTA 31

3. Instalador de sistemas fotovoltaicos e eólicos ( 344 horas) código:PTER 10

4. Instalador de sistemas de enerxía solar-térmica (344 horas) código:PTER20.

5.Cálculo de estruturas planas  e espaciais de formigón (255 horas)

6. Informática de usuario. (214 horas) código: EMIN23.

Se estás interesado nalgún dos cursos, e queres entrar no proceso de selección debes:

- Comunicar a túa Oficina de emprego os códigos e nome do curso que che interesan.

- Deixar cuberta no Centro de F.O. da misericordia (Viveiro) unha declaración de interese que teñen a túa disposición.

O teléfono de contacto do Centro de F.O. é o seguinte: 982562448

FORMACIÓN

viveiro 26/04/2007 @ 14:54

 

 for.jpg

Esta categoría está pensada para que a cidadanía teña acceso  á información relacionada coa formación, cada vez máis necesaria para mellorar a empregabilidade.