Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Xulio 2008

OFERTA PÚBLICA CONCELLO OUTEIRO DE REI

viveiro 31/07/2008 @ 08:25

   B.O.E. Nº 183 mércores 30 de xullo de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA:  Arquitecto.

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Outeiro de Rei

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal funcionario

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso oposición libre

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo de 20 días naturais contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria  no B.O.E.

   B.O.E. Nº 183 mércores 30 de xullo de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA:  Auxiliar administrativo

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Outeiro de Rei

Nº POSTOS CONVOCADOS: 2

TIPO DE PRAZA: Persoal funcionario

SISTEMA DE PROVISIÓN: Oposición libre

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo de 20 días naturais contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria  no B.O.E.

OFERTA EMPREGO PÚBLICO DEPUTACIÓN LUGO

viveiro 31/07/2008 @ 08:14

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2.008 DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO E O INLUDES.

OFERTA PÚBLICA

viveiro 29/07/2008 @ 11:38

D.O.G. Nº 142  mércores 23 de xullo de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA:  Traballador social

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Trabada

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal laboral fixo

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso de méritos

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo de 20 días naturais contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria  no B.O.E.

OFERTA DE EMPREGO

viveiro 28/07/2008 @ 11:05

Hotel de Viveiro situado en Area está á procura de camareiras de pisos para traballar ata o mes de setembro.

Interesadas chamar ao 629 040 726.

PROMOCIÓN EMPREGO AUTÓNOMO

viveiro 28/07/2008 @ 08:15

Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se estende o ámbito temporal de aplicación e se reabre o prazo para a presentación de solicitudes das axudas previstas na Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

PROGRAMA DE INCENTIVOS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL

viveiro 28/07/2008 @ 08:13

Orde do 16 de xullo de 2008 pola que se establece o programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (E.I.L.), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

SEGUNDA CONVOCATORIA LIÑAS AXUDA IGAPE

viveiro 24/07/2008 @ 08:18

Resolución do 15 de xullo de 2008 pola que se procede á segunda convocatoria para o exercicio 2008, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas liñas de axuda do Igape.

BASES AXUDAS PRODUTORES AGROALIMENTARIOS

viveiro 24/07/2008 @ 08:16

Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013, e se convocan estas axudas para o ano 2008.

BASES EDUCADOR/A FAMILIAR CONCELLO BURELA

viveiro 24/07/2008 @ 08:10

BASES ESPECÍFICAS PARA PROVER COMO PERSOAL LABORAL FIXO UNHA PRAZA DE EDUCADOR/A FAMILIAR NO CONCELLO DE BURELA (LUGO)

OFERTA DE EMPREGO

viveiro 16/07/2008 @ 10:53

Empresa de traballo temporal está á procura de operario para traballar nunha factoría de produción de aeroxeneradores.

Cómpre formación en electricidade, mecánica ou electrónica.

Preferíbel experiencia nalgún posto vinculado á formación.

 Interesados chamar ao  Servizo de Orientación Laboral do  Concello de Viveiro ao:

982560125 de 9 a 14 horas.

OFERTA DE EMPREGO URXENTE

viveiro 10/07/2008 @ 13:01

EMPRESA DE LIMPEZA ESTÁ Á PROCURA DUNHA MULLER PARA DESENVOLVER TAREFAS DE LIMPEZA

PREFERÍBEL EXPERIENCIA.

IMPRESCINDÍBEL TER COCHE PARA DESPRAZAMENTOS A DIVERAS EMPRESAS.

XORNADA DUNHAS 5 -  6  HORAS AO DÍA APROXIMADAMENTE.

SALARIO APROXIMADO 550-600 EUROS.

INTERESADAS CHAMAR AO 608 185 187 E PERGUNTAR POLO SR RODRÍGUEZ.

PRAZA AVOGADA CIM BURELA

viveiro 08/07/2008 @ 08:19

   B.O.E. Nº 160  xoves 2 de xullo de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Avogada do CIM

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Burela

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal laboral fixo

SISTEMA DE PROVISIÓN: Oposición libre

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo de 20 días naturais contados dende o día seguinte á publicación do anuncio de convocatoria no B.O.E.

APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES LISTAS INGACAL

viveiro 08/07/2008 @ 08:16

Resolución do 2 de xullo de 2008 pola que se modifica a do 23 de maio pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal no Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) e se abre un novo prazo de presentación de solicitudes.

 

Oferta Concello de O Saviñao

viveiro 02/07/2008 @ 08:17

   B.O.P. Nº 150  martes 1 de xullo de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Oficial de 1ª

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de O Saviñao

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal laboral temporal

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso de méritos

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo de 4 días naturais contados dende o día seguinte á publicación do anuncio de convocatoria no B.O.P.

Concello de Trabada oferta emprego.

viveiro 02/07/2008 @ 08:15

B.O.P. Nº 148  sábado 28 de xuño de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Traballador social

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Trabada

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal laboral fixo

SISTEMA DE PROVISIÓN: Concurso de méritos

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: No prazo de 20 días naturais contados dende o día seguinte á publicación do anuncio de convocatoria no B.O.E.

Subvencións proxectos dinamizadores áreas rurais

viveiro 02/07/2008 @ 08:12

Resolución do 18 de xuño de 2008 pola que se anuncia a convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao período 2008-2009.

Día do Cooperativismo Galego en Ribadeo

viveiro 02/07/2008 @ 08:09

Preto de 1.200 persoas celebrarán o vindeiro sábado o Día do Cooperativismo Galego 2008 en Ribadeo

  • Coincidindo co Día Internacional do Cooperativismo, o Consello Galego de Cooperativas (Cogaco) acordou celebrar a festa autonómica do cooperativismo o 5 de xullo na cooperativa Os Irmandiños
  • A Consellería de Traballo repartirá 26.500 euros en premios e 16.000 euros en material audiovisual, entre os galardoados na edición dos premios convocados polo Cogaco

Santiago, 1 de xullo de 2007.- Preto de 1.200 persoas procedentes de toda a xeografía da Comunidade Autónoma celebrarán o vindeiro sábado día 5 de xullo o Día do Cooperativismo Galego 2008 en Ribadeo (Lugo). Este é o terceiro ano consecutivo no que a celebración galega coincide co Día Internacional do Cooperativismo. Esta data foi acordada no seo do Consello Galego de Cooperativas (Cogaco), entidade que preside o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela.

Nesta edición, o lema que preside os actos de celebración é Cooperación+innovación=desenvolvemento sostible, unha idea que define parte da filosofía da economía social e do movemento cooperativo. O lema escollido para a cita deste ano pon en primeiro plano a necesidade de progresar no desenvolvemento económico e social, baixo o prisma da sustentabilidade. O futuro que se aveciña require facer un esforzo cada vez maior para poñer en valor os recursos humanos e materiais para satisfacer as necesidades actuais. Ao mesmo tempo, ese esforzo non debe dar as costas ao día de mañá, nin comprometer a capacidade das xeracións futuras para atender as súas propias.

Cómpre destacar que a finalidade desta celebración é reivindicar a cultura e o movemento cooperativo, ademais de loar o traballo e os esforzos dos seus traballadores. Asemade, esta é a terceira vez consecutiva que os actos se desenvolverán nas instalacións dunha cooperativa, xa que constitúe un modo para favorecer o coñecemento entre as persoas que conforman parte do movemento cooperativo e achegar a celebración deste día aos seus auténticos destinatarios.

A cooperativa Os Irmandiños, S. Coop. Galega de Ribadeo, acollerá os actos que se organizarán para conmemorar o Día do Cooperativismo Galego 2008. Así, a partir das 11,30 horas da mañá achegaranse ata esta entidade membros de diversos sectores do eido cooperativo e distintas autoridades coa finalidade de destacar e promover a importancia da celebración do día do cooperativismo en Galicia.

Un dos pratos fortes deste día será a entrega dos galardóns dos premios que cada ano convoca o Cogaco ás persoas e entidades participantes nesta edición. En total, a Consellería de Traballo repartirá 26.500 euros en premios e 16.000 euros en material escolar.

Ademais dos actos de carácter institucional, ao longo da tarde tamén se celebrará unha serie de actividades dirixidas tanto aos maiores como aos nenos, diversos xogos cooperativos, a exposición de todos os traballos participantes nos concursos, así como visitas á escola cooperativa móbil. Cómpre destacar que esta cooperativa cede dunha maneira totalmente desinteresada as súas instalacións para levar a cabo os actos de conmemoración deste día.

O impulso ao cooperativismo
O fomento e o impulso do cooperativismo representa un obxectivo básico e fundamental para a Consellería de Traballo, xa que a fórmula cooperativa é unha opción válida para garantir emprego estable e de calidade. Nese senso, é necesario promocionar e potenciar a formación cooperativa, por todos os ámbitos sociais e dende os primeiros niveis do sistema educativo.

Deste xeito, mostrarase que o cooperativismo contribúe a dotar de instrumentos de autoemprego e colaboración empresarial a todas as persoas que están chamadas a formar parte da poboación ocupada de Galicia.