Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Abril 2008

OFERTA DE EMPREGO

viveiro 30/04/2008 @ 12:59

Empresa de Traballo Temporal está á procura de rapaces con gañas de traballar en produción para unha picisfactoría ubicada en Cervo.

O traballo realizaráse a turnos de mañá e de tarde.

Existe posibilidade de estabilidade no posto pola empresa.

 

Interesados chamar os teléfono seguinte:

982 284 379

 

 

III DÍA GALEGO DO EMPRENDEDOR

viveiro 29/04/2008 @ 14:35

III DÍA GALEGO DO EMPRENDEDOR
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2008 (Palacio de Congresos)
  
O Instituto Galego de Promoción Económica e BIC Galicia, organismos dependentes da
Consellería de Economía e Facenda, están a rematar os preparativos para a que será a
terceira edición do Día Galego
do Emprendedor. O evento reunirá o vindeiro 15 de maio a emprendedores e empresarios
de toda Galicia no Palacio de Congresos de Santiago.
  
A xornada enmárcase na campaña nacional “Emprendemos Xuntos” da Dirección Xeral de
Política da PEME do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Esta terceira
edición estase a desenvolver baixo o
lema “A túa idea, a túa empresa”.  
  
O III Día Galego do Emprendedor abordará asuntos relacionados coa formación, a
motivación e o financiamento para a creación de empresas, así como temáticas como os
novos modelos de negocio que se
abren para os futuros emprendedores en xeral e no contorno galego en particular,
entre eles os que achegan as novas tecnoloxías, a internet ou o software libre.
 
Inscricións (
http://www.diaemprendedor.com/oficinas-territoriais/2.html )
 
Máis información www.diaemprendedor.com
 

CONCURSO PÚBLICO CONTRATACIÓN SERVIZO RESTAURACIÓN, MANTEMENTO E LIMPEZA CAMPAMENTO AREA

viveiro 29/04/2008 @ 08:29


 


Resolución do 1 de abril de 2008, da

Delegación Provincial de Lugo, pola que

se anuncia concurso público e procedemento

aberto, para a contratación do servizo

de restauración, mantemento e limpeza

de varias instalacións xuvenís da

provincia de Lugo.

OFERTA DO SPE NA MARIÑA

viveiro 28/04/2008 @ 09:30

O Servizo Público de Emprego publicou o 25 de abril a seguinte oferta na Mariña:

Nº oferta: 12/2008/4819

posto: COCIÑEIRO/A

Localidade: FOZ.

Pódense insicribir na oferta os demandantes de emprego na súa oficina correspondente ou chamando ao número de teléfono: 902125000

PROGRAMA INNOCÁMARAS

viveiro 28/04/2008 @ 08:24

Anuncio de convocatoria pública de axudas. Programa Innocámaras-apoio á innovación nas Pemes.

Programa para promoción emprego autónomo

viveiro 28/04/2008 @ 08:11

Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Encontro cos CENTROS DE PROMOCIÓN DE NEGOCIOS no exterior

viveiro 28/04/2008 @ 07:55

Punto de encontro cos CPNs do Igape no exterior
 
Os vindeiros 12 a 16 de maio de 2008, estarán en Santiago os directores dos centros
de promoción de negocios (CPN) do Igape en Alemaña, China, EE.UU., Polonia e Xapón.
Durante eses días, está previsto que se manteñan entrevistas individualizadas cos
empresarios galegos que estean interesados neses mercados.
Ademais, si así o solicitan, tamén poderán recibir información sobre as axudas e
outros servizos de apoio á internacionalización que presta o Igape.
 
Para máis información poden chamar aos teléfonos  902 300903 ou 981 541127 
 
O lugar en que terán lugar as entrevistas será a sede do IGAPE, no Complexo
Administrativo de San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela.
 

www.igape.es

1º ANIVERSARIO DO BLOGUE

viveiro 24/04/2008 @ 15:35

images1.jpg 

 

Un día coma hoxe decidimos realizar este blogue de información relacionado co mundo do emprego. Agradecemos todas as visitas ao longo deste período (mais de 11243 visitas no momento de escribir este posto).

A súa vez animamos e recordamos ás empresas que poden publicar as ofertas de emprego no noso blogue.

AXUDAS AO FOMENTO DE SISTEMAS DE PRODUCIÓN RAZAS GANDEIRAS AUTÓCTONAS

viveiro 24/04/2008 @ 09:15

Orde do 18 de abril de 2008 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas destinadas ao fomento en Galicia de sistemas de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, e se convocan para 2008.

SUBVENCIÓNS FORMACIÓN MULLERES

viveiro 23/04/2008 @ 08:40

Resolución do 10 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para o retorno á formación das mulleres que abandonaron o proceso educativo para seren nais e se procede á súa convocatoria.

OFERTA CONCELLO DE FOZ

viveiro 22/04/2008 @ 08:30

Oferta pública de emprego; Funcionariios; Recaudador, Peón de servizos de basura. Persoal laboral; 4 Peóns do servizo de basuras, 2 Limpiadoras, 2 Peón barrendeiro, Técnico en turismo e Auxiliar administrativo de intervención.

VER BOP Nº90 DO 19 DE ABRIL DO 2008

Programa Activa

viveiro 22/04/2008 @ 08:17

Traballo lanza o Programa Activa cunha liña de axudas específica para fomentar a contratación de 4.000 desempregadas

  • Esta iniciativa forma parte do ?Plan Aurora de Emprego Feminino?, posto en marcha pola Consellería de Traballo
  • O departamento que dirixe Ricardo Varela concede axudas á contratación indefinida inicial e axudas para a transformación de contratos doutras modalidades en indefinidos
  • As empresas interesadas poden solicitar estas subvencións ata o 15 de setembro deste ano

Lugo, 21 de abril de 2008.- O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, anunciou hoxe a posta en marcha do Programa Activa, cunha liña de subvencións específica para potenciar a contratación de 4.000 mulleres desempregadas. Este programa inclúe medidas de formación, orientación, e de mellora da ocupabilidade, así como incentivos á contratación. Para este último apartado, o departamento que dirixe Ricardo Varela xestionará un presuposto de máis de 16 millóns de euros ao longo de 2008. O conselleiro facilitou esta información con motivo da súa participación na inauguración das II Xornadas sobre cuestións xurídico-laborais e de Seguridade Social de actualidade, organizadas polo Consello Galego de Relacións Laborais, en colaboración coa Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo.

A finalidade do Programa Activa é incrementar a participación das mulleres no mercado laboral, incorporando ás inactivas e ás paradas ao mesmo, de cara a achegar o índice de mulleres afiliadas a un nivel similar ao dos homes. Neste programa establécense as medidas que teñen como obxectivo a incorporación de mulleres inactivas e paradas ao mercado laboral.

Cómpre sinalar que este programa está incluído no Plan Aurora de Emprego Feminino, posto en marcha pola Consellería de Traballo o pasado mes de febreiro. Entre os retos deste plan figuran promover a incorporación de máis mulleres ao mercado laboral, incrementar a calidade do emprego feminino, incorporar mulleres a profesións nas que están subrepresentadas e garantir a igualdade na negociación colectiva.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado mércores 16 de abril a orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres, como medida para lograr un mercado de traballo igualitario.

A través desta orde a Consellería de Traballo establece axudas ás contratacións indefinidas iniciais e axudas á transformación en indefinidos de contratos doutra modalidade (temporais, para a formación, en prácticas, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade), sempre que a muller sexa maior de 31 anos.

No caso das contratacións indefinidas o importe da subvención será de 7.500 euros, cando se contrate a desempregadas incluídas nalgún dos colectivos anteriores. No suposto de que non pertenza a ningún dos colectivos, a axuda será de 2.000 euros, agás no caso das desempregadas que procedan de empresas en crise, cando o importe será de 7.500 euros. Por outro lado, a transformación de contratos doutra modalidade en indefinidos incentivarase cunha axuda de 3.000 euros.

A convocatoria deste tipo de axudas responde ao obxectivo de integrar o principio de igualdade na política de emprego da Xunta de Galicia. Neste senso, este documento recolle o establecemento de medidas de discriminación positiva en favor do sexo menos representado no mercado laboral.

No marco das políticas activas de emprego promovidas polo Goberno galego, os incentivos á contratación por conta allea configúranse como un instrumento para facilitar o acceso e permanencia no emprego aos colectivos de traballadores con maiores dificultades. Ademais, supoñen unha ferramenta para fomentar a estabilidade laboral das novas contratacións e dos cadros de persoal das empresas de Galicia.

Tal e como se recolle no texto da orde, na programación de incentivos para o presente ano, o colectivo feminino segue a ser un dos grupos especialmente atendidos no conxunto de axudas á contratación indefinida. A finalidade é poñer a disposición das mulleres galegas medidas activas que favorezan a súa inserción no mercado de traballo, a súa representación equilibrada en todas as profesións e sectores de actividade, así como unha maior participación na taxa de actividade e de ocupación.

Destinatarias das axudas
O colectivo destinatario destas axudas son as mulleres maiores de 31 anos, rexistradas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego e sempre que se atopen nalgunha das seguintes circunstancias: mulleres desempregadas de longa duración; desempregadas titulares de familias monoparentais, que teñan cargas familiares; paradas de unidades familiares nas cales ningún dos seus membros en idade laboral obteña rendas superiores ao 75% do IPREM (Índice Público de Renda a Efectos Múltiples).

Tamén se consideran destinatarias desta liña de subvencións as mulleres que sexan contratadas en profesións ou ocupacións nas que se atopen subrepresentadas, paradas que se reincorporen ao mercado de traballo tras unha ausencia prolongada dun mínimo de dous anos e as mulleres que sexan contratadas nos 24 meses seguintes a ser nais.

Ademais, tamén será subvencionable a contratación de desempregadas demandantes de primeiro emprego, emigrantes retornadas, así como aquelas demandantes de emprego que rematen o seu itinerario personalizado de inserción laboral nunha ocupación e sexan contratadas nesta.

Beneficiarios dos incentivos
Os destinatarios deste programa de axudas son as empresas que contraten por conta allea ás traballadoras pertencentes a estes colectivos. Tamén están incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica.
Cómpre destacar que non poderán ser beneficiarias destes incentivos as administracións públicas e as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes destas.

Prazo de presentación
As entidades interesadas en acollerse a este tipo de subvencións poderán solicitalas nos dous meses seguintes á data na que se inicie a relación laboral, pero o prazo de admisión de solicitudes remata o 15 de setembro. Cómpre sinalar que aquelas contratacións que se fixeran dende o 16 de setembro de 2007 ata hoxe deberán presentar a solicitude antes do vindeiro 31 de maio deste ano.

As empresas interesadas poden consultar información e descargar as solicitudes e os anexos deste programa de axudas na páxina web da Consellería de Traballo (http://traballo.xunta.es).

CONCURSO PÚBLICO ABERTO PARA ADXUDICACIÓN OBRAS REFORMA CAMPAMENTO A DEVESA RIBADEO

viveiro 21/04/2008 @ 08:43

Resolución do 31 de marzo de 2008 pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite ordinario, para a adxudicación das obras de reforma do pavillón de actividades, urbanización xeral da parcela e melloras das instalacións do campamento xuvenil A Devesa en Ribadeo (Lugo).

 

APOIO FINANCEIRO AOS INVESTIMENTOS DAS PEMES DE GALIZA

viveiro 21/04/2008 @ 08:40

Resolución do 15 de abril de 2008 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro das liñas ICO 2008, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras.

SUBVENCIÓNS AOS INVESTIMENTOS DAS EMPRESAS EN MATERIA DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E AS COMUNICACIÓNS

viveiro 21/04/2008 @ 08:38

Resolución do 11 de abril de 2008 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo IN520A, Diario Oficial de Galicia número 8, do 11 de xaneiro de 2008).

Praza aux administrativo Concello de Xove

viveiro 21/04/2008 @ 08:05

convocatoria para a provisión da praza de auxiliar administrativo adscrito funcionalmente a área de Servizos Xerais e Xulgado de Paz do Concello de Xove

OFERTA PUBLICA LOCAL PUBLICADA NO PROGRESO

viveiro 17/04/2008 @ 09:52

No progreso de ontes mercores 16 de abril sairon o seguinte anunzo:

CONCELLO DE BURELA

OBXECTO: CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE DE MONITORES PARA IMPARTIR CURSOS DO PLAN FIP 2008

- Un/unha monitor/a para o curso de Carpintería Metálica e de PVC.

- Un/unha monitor/a para o curso de Auxiliar de Axuda a Domicilio.

- Un/unha monitor/a para o curso de Pintor.

Prazo de presentación de solicitudes e méritos: 8 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación deste anunzo. Se o último día do prazo é inhábil, trasladaráse ao primeiro hábil seguinte.

Bases rectoras: Están a disposiclión dos/as interesados/as no Rexistro Xeral do Concello de Burela.

PROCEDEMENTO SELECTIVOS INGRESO CORPO PROFESORES ENSINO SECUNDARIO

viveiro 16/04/2008 @ 08:33

Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

PROCEDEMENTO SELECTIVO CORPO MESTRES

viveiro 16/04/2008 @ 08:31

Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

INCENTIVOS CONTRATACIÓN INDEFINIDA MULLERES

viveiro 16/04/2008 @ 08:19

Orde do 11 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

SUBVENCIÓNS A EMPRESAS SECTOR TEXTIL

viveiro 16/04/2008 @ 08:16

Resolución do 8 de abril de 2008 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, e se procede á súa convocatoria (IN515B).

 

POSTO DE MONITOR CONCELLO DE BURELA

viveiro 15/04/2008 @ 08:34

B.O.E. Nº 83  sábado 5 de abril de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Monitores

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Burela

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal laboral fixo

SISTEMA DE PROVISIÓN: Oposición libre

PRAZO MÁXIMO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

No prazo de 20 días naturais contados dende o día seguinte á publicación

do anuncio da convocatoria no B.O.E.

CONVOCATORIA PRAZAS PERSOAL DEPUTACIÓN LUGO HOSPITAL SAN JOSÉ

viveiro 15/04/2008 @ 08:12

CONVOCATORIA PRAZAS PERSOAL LABORAL EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Vistas as propostas da directora en funcións do Hospital Provincial de San José e da Directora do Centro Residencial e Rehabilitador San Rafael, na que reiteran a necesidade urxente de cubrir determinados postos de traballo para poder prestar un bo servizo.
Visto que non existe persoal na Entidade que poida prestar eses citados servizos; e en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada por Lei 11/99 de 21 de abril e Lei 57/2003 de 16 de decembro, de medidas para a modernización do Goberno Local, esta Presidencia RESOLVE:
1º.- Convocar públicamente a quen desexe participar nas probas selectivas para prestar servizos á Excma. Deputación Provincial nos postos/ funcións que se sinalan:

DENOMINACIÓN R.X. GR TITULACIÓN ADSCRICIÓN
8 AUXILIARES ENFERMERÍA RF C-C2 Título de técnico auxiliar 3 HOSPITAL PROVINCIAL
        en coidados auxiliares de SAN JOSE
        enfermaría (familia profesional
        sanidade) ou título de formación 5 CENTRO RESIDENCIAL E
        profesional de primeiro grao, REHABILITADOR SAN RAFAEL
        equivalente
3 CELADORES RF E Certificado de Escolaridade HOSPITAL PROVINCIAL
        ou equivalente SAN JOSÉ
2 OBREIROS RL E Certificado de Escolaridade HOSPITAL PROVINCIAL
        ou equivalente SAN JOSÉ
1 PORTEIRO RF E Certificado de Escolaridade CENTRO RESIDENCIAL E
        ou equivalente REHABILITADOR SAN RAFAEL

2º.- Que as bases que rexerán os procesos selectivos serán as bases xerais publicadas integramente xunto co anexo II (instancia) no Boletín Oficial da Provincia número 61 de 13 de marzo de 2008.
3º.- Para facilitar a máis ampla concorrencia de aspirantes, ordenar a publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios da Entidade, na páxina web da Entidade e nos diarios de maior difusión.
4º.- Ordenar que se realicen os trámites necesarios para levar a cabo os procesos selectivos.
Pazo Provincial de LUGO, 10 de abril de 2008.- O SECRETARIO, Faustino Martínez Fernández.
ANEXO I

MAIS INFORMACIÓN NO BOLETÍN PROVINCIAL DE LUGO CLICKEA AQUÍ

AXUDAS Á FORMACIÓN

viveiro 10/04/2008 @ 09:39

NOVAS AXUDAS PARA A FORMACIÓN DE DIRECTIVOS, MANDOS INTERMEDIOS E EQUIPOS TÉCNICOS
 
Co obxectivo de favorecer a mellora da competitividade das pemes mediante a
especialización do seu capital humano, o Igape habilitou os novos incentivos á
formación empresarial (
http://www.igape.es/dsadsasf/ficha-73.html ), destinados a apoiar programas
formativos impulsados por Pemes ou agrupacións empresariais e destinados á formar
directivos, mandos intermedios ou equipos
técnicos.
 
Os apoios cubrirán o 45% dos custos, cun máximo de 6.000€ por programa formativo.
 
O prazo de presentación de solicitudes (
http://www.igape.es/oficina-virtual.html )
remata o 12 de maio próximo.
 
Máis información: www.igape.es (
http://www.igape.es/
ou no teléfono 902 300 903

www.igape.es
 

SUBVENCIÓN A PEMES GALEGAS ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO INDUSTRIAL

viveiro 09/04/2008 @ 09:48

Orde do 28 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a Pemes galegas para a adquisición ou renovación de equipamento industrial, e se procede á súa convocatoria (IN530B).

SUBVENCIÓNS PEQUENOS COMERCIANTES NO RURAL

viveiro 09/04/2008 @ 09:45

Orde do 27 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de comercio rural galego. Código de procedemento IN224A.

Subvencións creación e mellora establecementos turísticos

viveiro 08/04/2008 @ 08:22

Orde do 18 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a empresas privadas para a creación e mellora de establecementos turísticos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008 (IN983G).

Subvencións empresas turísticas-Turismo Rural

viveiro 08/04/2008 @ 08:20

Orde do 18 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a empresas turísticas para o fomento do turismo no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008 (IN983E).

ANUNCIO CONVOCATORIA CONCELLO DE BURELA

viveiro 04/04/2008 @ 12:56

No progreso de ontes día 3 de abril saíu este anuncio:

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO

OBXECTO: CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE DUN/DUNHA AUX ADMINISTRATIVO ADSCRITO AO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DO CONCELLO DE BURELA.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E MÉRITOS: 8 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio. Se o último día do prazo é inhábil, trasladarase ao primeiro hábil seguinte.

BASES REITORAS: Están a disposición dos interesados/as no Rexistro Xeral do Concello de Burela.

ANUNCIO DE CONVOCATORIA CONCELLO DE VIVEIRO

viveiro 04/04/2008 @ 11:38

Anuncio de Convocatoria para dúas prazas para o proxecto de "Viveiro Concello Saudábel", de conformidade coa orde de 7/Novembro/2007 da Consellería de Sanidade de "Promoción -Estilo de Vida Saudábel dos Concellos de Galiza.

A duración do contrato será de sete meses  e ramatará o día 10 de novembro.

- Unha praza de Licenciado en Educación Física. Formación académica: Licenciado en INEF. Xornada completa.

- Unha praza de Especialista en Alimentación e Nutrición. Formación académica: Título de F.P. ou Titulación Superior de Especialista en Alimentación e Nutrición.

Xornada Laboral: Media xornada: 4 horas de luns a venres.

Bases xerais rexedoras da contratación de persoal laboral temporal no Concello de Viveiro. De conformidade coas bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia coa data de 18 08 1999 nº 189

Instancias: Presentarse no Rexistro do Concello de Viveiro.

Prazo de solicitudes: Durante cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio nos diarios da localidade. (publicouse hoxe na Voz de Galicia).

 

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

viveiro 03/04/2008 @ 08:54

Resolución do 10 de marzo de 2008 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso por quenda libre na escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade.

Axudas e subvencións de Vicepresidencia

viveiro 03/04/2008 @ 08:51

Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes.

Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan axudas económicas destinadas a subvencionar gastos de mantemento e funcionamento das asociacións e federacións de mulleres de Galicia.

Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2008.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO EN BECERREÁ

viveiro 03/04/2008 @ 08:38

Boletín Número 076, de 03/04/2008

AYUNTAMIENTOS

BECERREÁ

Oferta de emprego público

Acordo de 12 de marzo de 2008 da Xunta de Goberno Local do Concello de Becerreá, provincia de Lugo, polo que se aproba a oferta de emprego para o ano 2008.
PROVINCIA: Lugo.
CORPORACIÓN: Concello de Becerreá.
NUMERO DE CÓDIGO: 27006
FUNCIONARIOS: Dúas prazas.
PERSOAL LABORAL: Tres postos de traballo.
PRAZAS OU POSTOS A CUBRIR: Dúas auxiliares administrativas, un de director de Centro de Servizos Sociais e dous de auxiliares de axuda no fogar.
FUNCIONARIOS DE CARREIRA:
Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C2 Clasificación: Escala de Administración Xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 2. Denominación: Auxiliar administrativo.
PERSOAL LABORAL:
Nivel de titulación: Diplomado/a Universitario/a en Traballo social, asistente social, educación social, maxisterio ou equivalente. Denominación do posto: Director/a de Centro de Servizos Sociais. Número de vacantes: 1.
Nivel de titulación: Agrupación profesional, auxiliar de axuda no fogar ou equivalente. Denominación do posto: Auxiliar de axuda no fogar. Número de vacantes: 2.
O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 91.1 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 233 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, e 128 do Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.
En Becerreá, a 24 de marzo de 2008.- O Alcalde, ilexible.

CURSO PATRÓN DE NAVEGACIÓN BÁSICO POR INTERNET

viveiro 02/04/2008 @ 08:49

Resolución do 24 de marzo de 2008 pola que se convoca un curso de segundo nivel de patrón de navegación básico (PNB), que se desenvolverá a través da internet.

 

BASES INCENTIVOS CONTRATACIÓN CONTA ALLEA MOCIDADE

viveiro 02/04/2008 @ 08:45

Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

 

BASES REGULADORAS SUBVENCIÓNS APOIO ACTIVIDADE PROFESIONAL CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

viveiro 02/04/2008 @ 08:37

Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

BASES REGULADORAS AXUDAS FOMENTO RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

viveiro 02/04/2008 @ 08:34

Orde do 24 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción, e se convocan no ano 2008.

BASES REGULADORAS PROGRAMA INCENTIVOS CONTRATACIÓN PERSOAS DESEMPREGADAS COLECTIVOS RISCO EXCLUSIÓN SOCIAL

viveiro 01/04/2008 @ 11:08

Orde do 27 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO CORPOS DOCENTES

viveiro 01/04/2008 @ 10:58

Decreto 59/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.